_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
A Peixería convértese nun espazo de promoción e innovación dos sectores do mar coa segunda edición do “espaVila!”

"espaVila!", o espazo de promoción e innovación dos sectores tradicionais regresa esta fin de semana a Vilagarcía nunha segunda edición dedicada ao mar. Exposicións, conferencias, experiencias innovadoras, ambientación de rúas, obradoiros e showcookings cos mellores chefs de Galicia conforman o programa do evento co que se pretende amosar os recursos existentes e buscar novas posibilidades de desenvolvemento e de creación de riqueza. A Praza da Peixería é o escenario elixido este ano para desenvolver as actividades.
02.05.2022.- O “espaVila!” é unha iniciativa posta en marcha pola Concellería de Promoción Económica e Emprego no marco do Plan de Promoción e Recuperación Económica “Vilagarcía 21” deseñado polo Concello para reactivar a economía local tras a crise do covid. Tras a edición inicial, dedicada ao mundo da flor, a experiencia repítese este ano cun programa dedicado ao sector por excelencia de Vilagarcía e a súa contorna: o do mar.

A concelleira do ramo, Alba Briones, presentou o “espaVila!” edición do Mar explicando que o programa se conforma combinando o aspecto máis técnico e innovador e de intercambio de experiencias para a posta en marcha de novas iniciativas, con relatorios e mesas redondas, cunha faceta máis de promoción e exhibición da cultura e dos produtos marítimos existentes, mediante exposicións, obradoiros ou showcookings.

Na presentación participou o vilagarcián, Vicente Caramés, responsable de conservación do Museo do Mar de Galicia quen, dende a súa visión de arqueólogo protagonizará un relatorio sobre a relación da toponimia do Salnés coa actividade da produción do sal. O Museo do Mar tamén colabora no “espaVila!” cedendo diverso material expositivo así como unha colección de fotografías que se exhibirán na Praza da Peixería.

Tamén participou na presentación José Carlos Mariño, biólogo e asesor técnico da Confraría de Pescadores de Cambados que, como amplo coñecedor do sector produtivo do mar, actuará como moderador nas mesas redondas. Mariño salientou o interese do “espaVila” como espazo de encontro no que profesionais de diferentes ámbitos relacionados co mar poidan coñecer as experiencias e necesidades doutros, facer unha posta en común de intereses e obter unha visión global da situación actual e futura do sector marítimo na nosa contorna. O biólogo engadiu que a idea é que as mesas redondas sexan un acto participativo e dinámico, no que o público asistente tamén poida intervir.


O “espaVila!” estará presente durante toda a semana na cidade mediante a ambientación de rúas que actuará a modo de carta de presentación do intenso programa que se desenvolverá entre o venres 6 e o domingo 8 de maio na Praza da Peixería.

Programa

O “espaVila!” edición do Mar inaugurarase o venres ás 10 da maña, coa intervención do alcalde, Alberto Varela, e da concelleira, Alba Briones, tras a que comezará o relatorio “O sal, orixe do Salnés” a cargo de Vicente Caramés.
“Políticas públicas. Conservación e aproveitamento de recursos mariños” é o título da mesa coloquio prevista para as 10:45 horas e que contará coa participación de Rosa Carballo, Xerente do Grupo de Acción Local Pesqueira da Ría de Arousa; Ángeles Longa, titular do Laboratorio do Consello Regulador do Mexillón de Galicia; José Antonio Fernández, director-conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas e Carlos Gabín, director do Centro de Investigacións Mariñas. Como moderador actuará, José Carlos Mariño, asesor técnico do pósito cambadés.

Ademais, en horario de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 17 a 20 horas), permanecerán abertos no interior da Praza da Peixería os stands de presentación e venta de produtos turísticos, gastronómicos e ata laborais de firmas como Corticata, Ameixa de Carril, Mexillón de Galicia, AmarCarril, TeeTravel, Algas La Patrona, Naútica Medusa, Yago González e ADER (selección de persoal para o sector da conserva).

Pola tarde, de 17 a 20 horas, terán lugar os obradoiros para a infancia e a mocidade impartidos pola asociación de mariscadoras AmarCarril, que desenvolverán as actividades tituladas “A busca do tesouro” e “ Marisqueo sustentable”.
Co mesmo horario, na explanada da Comandancia (na Avenida da Mariña) haberá outro espazo infantil con inchables e obradoiros a cargo de Gadisa, outra das firmas colaboradoras no “espaVila!”.

A Praza da Peixería volve a abrir as súas portas o sábado a partir da 10.45 horas cos stands de presentación e venta de produtos en horario de mañá e tarde. Tamén ás 10.45 comezará o relatorio “Aproveitamento dos recursos paisaxísticos e mariños do mar de Arousa” que impartirá Luis Ángel Gómez, xerente da empresa Corticata. Ás 11.15 horas terá lugar a mesa coloquio sobre “Emprendemento e innovación en sectores tradicionais” no que intervirán Juana Ruth Schjolberg, xerente de Algas La Patrona; Jesús Rey, presidente da Asociación Xóvenes Empresarios de Pontevedra; Luis Ángel Gómez, de Corticata; Yago González, emprendedor no sector da conserva e Mar Ambroa, representante de Artesa Rías Baixas.

Xa pola tarde, desenvolveranse os obradoiros a cargo de AmarCarril mediante os que nenos e nenas de diferentes idades poden aprender a facer nós mariñeiros, pulseiras e chaveiros e tamén coñecer de forma divertida como se desenvolve a pesca sustentable. Ademais, entre as 11 e as 14 horas e de 17 a 20 horas, os cativos poderán gozar nos inchables e coas actividades de animación organizadas por Gadisa na explanada da Comandancia.

O “espaVila!” edición do Mar, rematará o domingo, cunha xornada máis lúdica e festiva con dinamización das rúas do centro urbano entre as 11 e as 14 horas e unha festa mariñeira a cargo do colectivo Revenidas, de Vilaxoán.


Cociña con moitas estrelas Michelín


Uns dos actos máis atractivos para o público en xeral serán os showcookings que protagonizarán no exterior da Praza da Peixería os mellores chefs de Galicia, cuxos restaurantes suman unha chea de estrelas Michelín e soles Repsol. O do venres, a partir das 12 do mediodía, contará coa participación de Javier Olleros (restaurante Culler de Pau), Rafa Centeno (Maruja Limón) e Marcos Cerqueiro (grupo Abastos), que elaborarán en vivo e en directo tres pratos a base de produtos do noso mar (polbo, robaliza, chicharro e navalla). Previamente, Javier Olleros, presentará no “espaVila!” o libro “Culler de Pau”, no que relata a historia do restaurante do Grove.

O showcooking do sábado comezará ás 12.30 horas e contará coa intervención dos chefs Beatriz Sotelo, Xosé Magalhaes (restaurante Ceibe) e Toñi Vicente, que elaborarán saborosas receitas a base de xurel, xarda e ourizo.

Reserva en vivetix.com
A asistencia aos showcookings é libre e de balde, con reserva previa a través da plataforma vivetix.com. Hai dispoñibles 40 prazas para cada día.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -