_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
As obras de ensanche da segunda beirarrúa de Alexandre Bóveda comezan o mércores

A empresa Montajes J.L. Iglesias comezará o mércores, 4 de maio, a executar a segunda fase das obras do proxecto de Mellora de Accesibilidade na Rúa Alexandre Bóveda, a que afectará á beirarrúa na que aínda non se ten actuado. Os traballos completarán aos executados hai uns meses na beirarrúa oposta, a que discorre polo fronte do edificio da Praza de Abastos, e consistirán no ensanche da beirarrúa, que se construirá con criterios de máxima accesibilidade. Durante as obras, a rúa manterá un sentido único de circulación (de entrada dende Valle-Inclán).
30.04.2022.- Os traballos a realizar teñen un prazo de execución de 2 meses e un custe de 34.096 euros que se financiarán co reinvestimento da baixa da humanización da Rúa Camilo José Cela, incluída no Plan Concellos da Deputación. As obras afectarán ao tramo de beirarrúa que vai dende o cruce con Arcebispo Lago ata a intersección coa avenida Valle-Inclán.

Ademais de gañar amplitude, a beirarrúa construirase con formigón tratado, de igual forma que o que se usou na parte oposta da rúa e que resulta moito máis cómodo e accesible para os peóns ao non presentar desniveis ou obstáculos e permitir unha maior adherencia. Ademais, este material é moito máis resistente e precisa menos mantemento que os tradicionais pavimentos de lousas que se soltan e levantan con moita frecuencia.

A obra inclúe tamén o tratamento dos bordes e arestas mediante pulido e rebaixe do chaflán, os cortes transversais para indicar as zonas de vao peonil e o uso limitado de lousa hidráulica con botóns antideslizamento para sinalizar os puntos nos que se sitúan pasos de peóns ás persoas invidentes.

Ademais, o proxecto prevé a supervisión, posta a punto e reposición das acometidas das redes de pluviais e saneamento e a formación das correspondentes pendentes de evacuación de augas pluviais.

Regulación provisional previa á humanización de Arcebispo Lago

Durante o tempo que duren as obras, ese tramo de Alexandre Bóveda contará cun único carril de circulación do tráfico rodado, de entrada ao centro da vila dende a avenida Valle-Inclán, pudendo os coches continuar tanto por Alejandro Cerecedo cara Doutor Tourón, como por Arcebispo Lago, que recupera o tráfico rodado de forma excepcional durante esta obra, xa que ao seu remate dará inicio a humanización desta céntrica rúa. Os coches que entren por Alejandro Cerecedo dende os semáforos de Doutor Tourón deberán, obrigatoriamente, xirar cara Arcebispo Lago.

A execución destes traballos será compatible coa realización do mercado ambulante do mesmo xeito que se fai ata agora, cortando o tráfico en Alexandre Bóveda ata as cinco da tarde de martes e sábados.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -