_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
O Concello acomete un plan integral de pintado da sinalización horizontal no barrio do Piñeiriño

A Concellería de Seguridade Cidadá e Tráfico acometerá nos vindeiros días un plan integral de pintado da sinalización horizontal no barrio do Piñeiriño. A medida adóptase principalmente polos cambios sufridos nos últimos meses nesta populosa zona de Vilagarcía tras as obras de humanización de rúas (ensanche de beirarrúas e peonalización) levadas a cabo e que supuxeron cambios na circulación, na configuración das prazas de estacionamento ou no emprazamento dos pasos de peóns. A sinalización provisional realizada no seu día repasarase agora de forma definitiva en todo o barrio completando os aspectos que faltaban.
29.04.2022.- Este plan de pintado afectará a un total de 12 rúas do Piñeiriño. En concreto a Camilo José Cela, Mondariz, Fernández Gil y Casal, Pardo Bazán, Fermín Bouza Brey, Rúa do Parque, Ramón Martínez, Rúa Fontecarmoa, Travesía, Alfredo Brañas e Adolfo Pedrido Morla.

A actuación foi adxudicada por importe de 18.129 euros á firma Señalización y Balizas de Galicia, que ten previsto iniciar o pintado a vindeira semana, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan e non chova.

Os traballos a realizar inclúen o varrido previo das liñas antigas a efectos de non crear confusión aos condutores e viandantes. Logo pintaranse as novas marcas viais que regulan a circulación do tráfico rodado e os pasos de peóns, e delimitaranse as prazas de estacionamento, incluídas as de minusválidos, zonas de carga e descarga, paradas de autobús e de taxi.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -