_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello adquire nova maquinaria para os bombeos do saneamento en Aralde, Carril e Rubiáns

O Concello de Vilagarcía continúa coas labores de mantemento do servizo de saneamento de augas residuais, esta vez mediante a substitución de maquinaria obsoleta por outra nova. A Xunta de Goberno Local acordou esta semana adquirir equipos cos que actualizar tres estacións de bombeo e garantir así o seu correcto funcionamento. O Concello inviste nestas actuacións case 22.000 euros.
28.04.2022.- A obra de maior importe e a que se efectuará no bombeo de Beiramar, en Carril, onde cun orzamento de 12.138 euros se substituirán dúas bombas. Ese é un punto sensible por situarse á beira do paseo marítimo e recibir un caudal moi importante de residuais, polo que coa renovación dos equipos garántese que se produzan avarías por desgaste e que estas poidan derivar en paradas das bombas e os conseguintes alivios cara o mar.

Una actuación similar, pero de menor calado, levarase a cabo no bombeo de Aralde, onde se renovará unha bomba cun investimento de 4.224 euros. Por último, tamén se substituirán catro dos impulsores e tres aneis no bombeo situado á altura do tanatorio de Rubiáns.

Actuacións de renovación dos equipos lévanse a cabo de forma permanente ao longo de todo o ano co obxectivo de que todos os bombeos do municipio se manteñan nas condicións óptimas que garantan o correcto funcionamento do servizo. Os equipos sofren desgaste e vanse deteriorando co uso, o que deriva en avarías, situacións que se pretenden evitar con esta renovación periódica que vai rotando por todas as estacións de bombeo coas que conta o servizo de saneamento municipal. Noutras ocasións, debido a un aumento do caudal a tratar por incremento da poboación nunha determinada zona e máis conexións á rede, as bombas téñense que cambiar por outras de maior potencia e caudal, a efectos de evitar colapsos na rede.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -