_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura converte maio no Mes das Letras cun programa cheo de actos multidisciplinares

A Concellería de Cultura deseñou un amplo programa de actividades multidisciplinares que permitirá que o Día das Letras Galegas se converta en Vilagarcía en todo un Mes das Letras. Cun bo número de actos dedicados a Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado este ano, a programación inclúe conferencias, música, teatro, folclore, literatura, cine e exposicións para exaltar o idioma, as letras, cultura e a identidade galegas. Un dos espectáculos previstos é o concerto que ofrecerán a cantante galega Uxía e o cantautor andaluz Javier Ruibal.
27.04.2022.- A programación ábrese o 2 de maio cunha conferencia sobre Florencio Delgado que ofrecerá Ricardo Gurriarán, sobriño do poeta de Valdeorras represaliado pola ditadura franquista e que tivo que exiliarse a México, dende onde exerceu unha importante labor en defensa da identidade galega.
O día 14 representarase no Auditorio a obra de teatro “Reino da extinción”, unha comedia hilarante que conta como catro persoas de diferentes épocas da historia de Galicia que, forzadas a convivir nun alén moi distinto ao que imaxinaban, porán a proba a nosa idea do que significa ser galegos

O folclore chega o día 15 co XIV Festival Nós de Sobradelo que para a ocasión contará coa participación do Grupo e Baile e Musica Tradicional Sadeo de Ponteareas como agrupación invitada. O día 16 serán os escolares da cidade os que fagan a súa particular homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán cun acto conxunto na Praza de Galicia.

O propio Dia das Letras Galegas, o 17 de maio, os actos trasládanse a Carril, onde de levará a cabo a tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro “en lembranza dos versos da poetisa que dicían `quero ver o mar’, en referencia ao mar de Carril onde pasou momentos da súa vida”, apuntou a concelleira de Cultura, Sonia Outón, durante a presentación da programación das Letras Galegas. O acto contará este ano cun aliciente especial: a actuación acústica que ofrecerán a cantante galega Uxía e o cantautor andaluz Javier Ruibal “a modo de petisco do concerto en gran formato que ofrecerán xa pola noite no Auditorio”. “Da túa casa á miña” é o título do disco que os dous artistas acaban de publicar nunha mestura intercultural que reúne versos de Rosalía de Castro e de Federico García Lorca e que se musicalizan nun espectáculo “popular, moi animado e participativo” en palabras da propia Uxía. A entrada ao concerto é libre e de balde ata completar aforo.

O mércores 18 e coa colaboración do Cine Club Adega proxectarase “A Virxe Roxa”, unha película documental do director da Illa de Arousa, Marcos Nine, que trata sobre o asasinato, a mans da súa propia nai, de Hildegart García Carballeira, unha xoven que con so 18 anos tíñase convertido nunha destaca feminista do movemento Republicano no primeiro terzo do século XX en España.

A programación das Letras Galegas complétase coa exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán que organiza a Biblioteca Municipal de Vilagarcía e que se poderá visitar nas instalacións da rúa Rey Daviña do 16 ao 31 de maio.

Sonia Outón explicou que con estas actividades, ademais de divulgar a vida e a obra do autor homenaxeado este ano o 17 de maio, o Concello de Vilagarcía quere exaltar a galeguidade dende un punto de vista amplo e multidiscplinar, de aí que teatro, conferencias, cine, folclore, música e literatura feitos en galego e por galegos conflúan na programación especial da Letras.

Consulta aquí o programa completo:

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -