_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Poñer fin ás deposicións caninas nas rúas é o obxectivo dunha nova campaña municipal

Co título de "Por un espazo compartido e limpo" e os eslóganes “Á caca, bolsaca” e “Ao pis, flisflís”, o Concello de Vilagarcía vén de lanzar unha nova campaña informativa e de concienciación para acabar coas deposicións caninas que ensucian as nosas rúas e parques. A iniciativa promovida pola Concellería de Benestar Animal pretende sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de recoller os excrementos das mascotas para unha mellor convivencia e para que todos, persoas e animais, poidamos gozar dos espazos públicos en óptimas condicións de limpeza e hixiene, así como dunha vila que ofrece a súa mellor imaxe.
27.04.2022.- A campaña deseñada por Cristina Durán arrancou hoxe na Praza de Galicia, onde ata o sábado poderán visitarse os paneis que, a modo de banda deseñada e tendo como protagonistas a varios cans en distintos lugares da cidade, estes relatan en primeira persoa as súas experiencias na convivencia diaria nas rúas e o comportamento dos seus donos. Como non podía ser doutro xeito, abre a mostra o can máis famoso de Vilagarcía, o de San Roque.

A imaxe e carteis desta campaña difundiranse tamén nas marquesiñas de autobusese repartiranse trípticos e adhesivos na carpa informativa montada na Praza de Galicia. O folleto, ademais de lembrar os dereitos e obrigas que teñen os donos de mascotas segundo se recolle na Lei 4/2017, do 3 de outubro, de Protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, tamén apunta outra información de interese como os parques caninos existentes do municipio, a normativa de acceso de mascotas ás praias, ou os contactos do Servizo Municipal de recollida de Animais e da Asociación Protectora, así como unha mensaxe desta entidade lembrando a quen busca mascota, que sempre pode recorrer a adoptar algún dos cans que teñen no refuxio de Pinar do Rei.

Pero ademais, o tríptico recolle outros datos moi rechamantes. Por exemplo, que a día de hoxe existen en Vilagarcía 9.237 cans censados, o que supón un can por cada 4 veciños, un número moi elevado, ao igual que o cálculo correspondente ás deposicións dos mesmos. Poñendo de media uns 100 gramos de feces por animal ao día, a poboación canina de Vilagarcía xera case unha tonelada de excrementos ao día. En concreto 923,7 quilos que a campaña representa de forma moi gráfica co inchable da “caca xigante” que tamén se expón da Praza de Galicia.

Aínda que ben é certo que moitos veciños recollen debidamente as deposicións dos seus cans, tamén o é que seguen sendo bastantes os que non o fan e crean un problema de hixiene e limpeza que se pode resolver cun pequeno xesto. Para facilitar a labor, o Concello reparte nesta campaña uns útiles kits con colgante compostos por un porta-bolsas en forma de óso, para recoller os excrementos da rúa e unha bolsa plástica que encher con auga e unhas gotiñas de xabón ou vinagre, co que limpar ou ouriñes. Por iso os lemas da campaña son “Á caca, bolsaca” e “Ao pis, flisflís”. En total repartiranse 1.750 unidades de kits da campaña.

A Praza de Galicia tamén será escenario o sábado pola mañá de dous obradoiros destinados aos máis pequenos da casa, onde recibirán información por parte de persoal da Asociación Protectora de Animais e serán concienciados sobre a necesidade de facerse responsable das súas mascotas para favorecer a convivencia na cidade. Tamén poderán debuxar aos seus cans no seu lugar favorito da cidade, seguindo o esquema da exposición, e contar a súa historia porque as súas mascotas tamén “son da casa”.

Despois da súa estadía na Praza de Galicia a campaña irá rotando por diferentes lugares do municipio, tanto cos paneis da mostra que chegarán a todos os parques e zonas de recreo do municipio como coa carpa informativa que tamén se desprazará á zonas como Carril, Vilaxoán ou O Piñeiriño, por citar algúns lugares.

Durante a presentación da campaña, a concelleira de Benestar Animal, Mati Laya, comentou que o Concello reforzará a iniciativa cunha vixilancia máis intensiva por parte da Policía Local que disporá axentes de paisano para detectar ás persoas que incumpran a normativa de recollida de excrementos das mascotas, contra as que se cursarán as debidas denuncias. Ademais, lembrou que a Lei de Protección e benestar dios animais de compañía prevé sancións de 100 a 500 euros por este incumprimento.

Pola súa parte, a tenente de alcalde, Tania García, fixo fincapé na necesidade de que todos os donos de mascotas sexan responsables non deixen os excrementos nas rúas, advertindo que a todo o mundo lle molesta atoparse con deposicións á porta da casa que poden pisar por descoido e que hai colectivos especialmente sensibles, como os nenos pequenos que xogan no chan, ou persoas que van en cadeira de rodas que teñen que tocar as rodas coas mans para poder desprazarse, ás que lles resulta moi difícil esquivar estes obstáculos, cos conseguintes problemas de hixiene e para a saúde.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -