_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A titularidade municipal da parcela e o edificio da Comandancia pode facerse efectiva no prazo de dous meses

O novo centro de saúde de Vilagarcía está cada vez máis preto de facerse realidade. A colaboración e coordinación coas que Concello de Vilagarcía e Autoridade Portuaria están traballando para completar coa maior brevidade o procedemento que faga realidade esta necesaria infraestrutura sanitaria están dando os seus froitos, como o demostra a axilidade coa que se executaron os trámites para a desafectación da parcela que acolle a antiga Comandancia. De feito, os terreos poderían ser definitivamente de titularidade municipal no prazo de dous meses, segundo comunicou hoxe o presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís ao alcalde, Alberto Varela.
25.04.2022.- Este importante acurtamento dos prazos inicialmente previstos susténtase tanto na celeridade coa que se xestionaron os expedientes por parte de Concello e Porto como coa que recibiron os preceptivos informes dos diferentes organismos estatais en relación á necesaria desafectación da parcela. Tras obter o beneplácito de Portos do Estado e do Ministerio de Mar, Medio Mariño e Transición Ecolóxica, a semana pasada a Autoridade Portuaria recibiu tamén o informe favorable do Ministerio de Mobilidade Transportes, polo que xa só quedaría a comunicación de Patrimonio do Estado para poder completar a desafectación. A partir de aí, o Concello xa podería pechar a compra dos terreos en base aos termos acordados o ano pasado entre ámbalas dúas institucións. No convenio asinado ao caso establécese que o Concello abonará 1.157.000 euros pola parcela.

Este adianto supón dous importantes beneficios. O primeiro para o conxunto dos vilagarciáns xa que o Concello podería demoler a Comandancia e poñer a parcela a disposición da Xunta de Galicia antes de que remate este ano; e o segundo que a administración local só terá que abonar a parte proporcional do canon anual que se fixou por contar coa concesión administrativa da Comandancia mentres non se materializada a compra.

Cores Tourís salientou que o traballo realizado previamente por Concello e Porto neste tempo para que o proceso vaia o máis rápido posible, como a taxación previa dos terreos e a formalización do convenio no que se concretan tanto as obrigas económicas como os pasos do procedemento para chegar ao obxectivo final. Por iso, engadiu “un proceso que pode tardar ano e medio ou dous, completouse en só cinco meses”. Pola súa banda, Varela apuntou que a axilidade nos prazos nos trámites propios como nos das outras administracións “non foi por casualidade, senón pola insistencia tanto do Concello como da Autoridade Portuaria”

Esta simultaneidade nos trámites das distintas administracións permite que o Concello reciba en cuestión de días o proxecto para a demolición da Comandancia e que, xa con todos os informes, incluída a comunicación de Patrimonio do Estado que queda pendente, a Autoridade Portuaria xa teña fixada a aprobación definitiva da desafectación no Consello de Administración do mes de maio para, previsiblemente en xuño pechar a compra venta ante notario. De forma paralela, o Sergas xa licitou a redacción do proxecto básico e de execución para a construción do novo centro de saúde de Vilagarcía, unha obra na que se investirán máis de 10,2 millóns de euros.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -