_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
A renovación da rede de abastecemento na Avenida de Cambados afectará ao tráfico rodado a partir do mércores

O Concello de Vilagarcía inicia esta semana a necesaria renovación do último tramo do colector principal de abastecemento de auga que quedaba por cambiar na Avenida de Cambados. Os traballos supoñen substituír a canalización que discorre dende o remate de Doutor Tourón (á atura do cruce coa Rúa Fontecarmoa) ata uns metros máis adiante do de Camilo José Cela (nas proximidades do Eroski). Nalgúns treitos as obras precisarán invadir a calzada, polo que a circulación verase ralentizada a partir do mércores 27 de abril ao ter que utilizar un único carril para ámbolos dous sentidos, para o cal o tráfico regularase con semáforos portátiles. Para evitar retencións recoméndase utilizar como alternativa o vial de acceso ao Porto ou desviarse por beiramar (por Pablo Picasso e avenida Valle-Inclán).
25.04.2022.- A obra proposta dende a Concellería de Obras e Servizos, que dirixe,Lino Mouriño, pretende acabar coas reiteradas avarías que se rexistran neste tramo da rede debido á antigüidade da mesma, roturas que para ser arranxadas provocan cortes do subministro aos veciños da zona. Coa actuación, a vella tubaxe de fibrocemento, que ten máis de 50 anos, substituirase por outra de polietileno de alta densidade, material moito máis resistente e duradeiro, de 200 milímetros de diámetro. A obra inclúe tamén a renovación dos entronques do colector xeral coa rede secundaria que da servizo á urbanización do Piñeiriño, nos primeiros metros da Rúa Camilo José Cela, mellorando tamén así o servizo que recibe un barrio onde viven milleiros de veciños.

Esta nova actuación ven a complementar á executada en marzo de 2019 na avenida Doutor Tourón, onde se rexistraba unha problemática similar con avarías reincidentes no colector principal, o que supoñía cortes do subministro durante varias horas nunha zona densamente poboada. O investimento realizado nese momento ascendeu a 48.000 euros que permitiron renovar os 417 metros da canalización que discorre entre a Glorieta da Mariña Española e o cruce con Vista Alegre. É neste punto, pero na beira oposta, onde comezará a actuación proxectada agora que, no outro extremo, tamén enlazará coa nova canalización existente ao pasar o cruce de Camilo José Cela.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -