_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Seis metros de raíces taponaban a canle que conduce a auga do manancial que alimenta a fonte do Coruxo

A auga xa volve a manar polo caño da fonte do Coruxo, en Cornazo, e o lavadoiro situado ao pé da estrada que leva a Lobeira xa luce cheo do líquido elemento. A vella fonte, seca dende hai xa un tempo, recupera así a normalidade despois de que o caudal de auga fora reducíndose gradualmente ata cesar por completo. A causa da misteriosa desaparición do líquido foi descuberta onte polos operarios do servizo Municipal de Medio Ambiente: Seis metros de grosas raíces dunha árbore que taponaban a canle que alimenta a fonte dende o manancial situado no monte.
22.04.2022.- O arranxo do problema levou o seu tempo xa que os operarios municipais tiveron que ir levantando varios tramos do conduto que vai dende a mina de auga ata a fonte ata dar co punto xusto da obturación. Unha vez atopada a causa, procederon á retirada e limpeza da canle co que a auga do manancial volveu a percorrer o seu camiño habitual cara o caño da fonte situada ladeira abaixo, ao pe da estrada. En total retiráronse uns 6 metros de raíces duns 8 centímetros de diámetro que se enmarañaban no tubo ata obstruílo por completo.

Os traballos remataron coa limpeza do fondo do lavadoiro que xa presenta un bo nivel de auga.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -