_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A XGL aproba as bases do Plan Madruga, que nesta edición se convoca por curso completo, de acordo coas ANPAS

A Xunta de Goberno Local de Vilagarcía aprobou na reunión de hoxe as bases dunha nova edición das axudas municipais ao Plan Madruga, o programa que prestan as ANPAS de varios centros educativos do municipio para facilitar a conciliación da vida laboral das familias con fillos en idade escolar. A convocatoria deste ano incluír unha importante mellora, acordada coas ANPAS, co obxecto de facilitarlles a tramitación das subvencións, de xeito que en lugar de convocarse por ano natural, farase por curso escolar completo.
18.04.2022.- O cambio nas bases simplifica o procedemento para os solicitantes, que só terán que dirixirse ao Concello unha vez ao ano e será ao remate do curso a subvencionar para presentar a solicitude da axuda económica xunto coa xustificación do gasto realizado. Aínda que desta forma cobrarán as axudas ao remate do curso e, polo tanto deberán afrontar o pago do Plan Madruga integramente ata que reciban a subvención ao remate da actividade lectiva, os dirixentes das ANPAS optaron por esta medida para aforrarse ter que facer dúas solicitudes ao ano e as posteriores xustificacións dos gastos. Así, en lugar de facer catro trámites, só terán que facer un.

O cambio ponse en práctica no curso en marcha, polo que o prazo de solicitude e de xustificación do gasto establecerase do 23 de xuño ao 10 de xullo e o período a subvencionar pola prestación do programa será de setembro de 2021 a xuño de 2022, ambos incluídos. A Concellería de Educación concede 100 euros mensuais a cada ANPA pola prestación do Plan Madruga, cantidade fixa independentemente dos días de servizo prestado (non se resta si hai vacacións de por medio) e non se require número mínimo de alumnos.

O Plan Madruga é unha medida de conciliación da vida familiar e laboral que normalmente prestan as ANPAS dos centros educativos. O goberno socialista recuperou hai cinco anos as axudas para financiar estes plans por considerar que se trata dunha medida de apoio vital para a prestación dun servizo necesario. Grazas e esta iniciativa, as familias cuxos proxenitores entran a traballar antes do inicio da xornada escolar, poden deixar aos seus fillos nos centros educativos ás oito da mañá, atendidos por monitores especializados e con experiencia ata a hora de entrada ás aulas, normalmente entre as 9 e as 9.30 horas. Deste xeito, os proxenitores poden ir ao seu traballo coa total garantía de que os seus nenos e nenas estarán coidados e vixiados, ao mesmo tempo que se divirten e aprenden compartindo o tempo e realizando diversos xogos e actividades lúdico-didácticas cos demais escolares.

Na convocatoria deste ano poderán ser beneficiarios destas axudas as Asociación de Pais e Nais legalmente constituídas dos centros sostidos con fondos públicos de Educación Infantil e Primaria de Vilagarcía de Arousa que promovan o servizo do Plan Madruga no curso 2021/22. O anterior curso foron catro as ANPAS que desenvolveron o Plan Madruga: do Vagalume, do Rosalía de Castro, a Dr. Fleming (do Anexo A Lomba) e a ANPA Alonga, do colexio Arealonga.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -