_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Ornamentación floral e acondicionamento de praias abren a campaña de primavera do Concello

Como cada ano coincidindo coa mellora das condicións meteorolóxicas desta época, o Concello de Vilagarcía vén de poñer en marcha a campaña de primavera, unha programación de actividades de distintos servizos municipais que ten como obxectivo poñer a punto os espazos públicos da cidade despois do normal deterioro e desgaste que sofren coas inclemencias do inverno. Reposición da ornamentación floral, acondicionamento de praias, arranxos en beirarrúas e repintado da sinalización viaria son as principais tarefas que se levan a cabo durante os meses previos ao verán.
09.04.2022.- Os traballos comezaron xa hai unhas semanas coa renovación da ornamentación floral de espazos públicos que leva a cabo o servizo de Xardíns. As labores céntranse tanto no plantado de nova flor de tempada como na reposición de árbores. No primeiro caso, se ten actuado xa en espazos como a Praza de Ravella, na Praza de Galicia e en varias rotondas. Tamén se acondicionou unha illa verde do recinto de Fexdega onde, ademais dunha limpeza de herbas, plantáronse cactos e outras distintas plantas suculentas. A renovación floral continuará durante as vindeiras semanas en outros espazos da cidade.

O servizo de Xardíns tamén fixo unha actuación especial no Parque da Compostela, onde ademais de ornamentar algunhas zonas con lavanda e outras plantas silvestres, plantáronse 5 exemplares novos de piñeiros piñoreiros, 5 magnolios e un prunus serrulata (cerdeira). A actuación completouse con lavado con auga a presión das bancadas de pedra e pintado dos de forxa e madeira.

No marco das labores de repoboación arbórea, plantáronse novos exemplares para repoñer outros vellos que se tiñan cortado nos últimos meses por estar en mal estado e presentar risco para os peóns, ou por enfermidade. Tras a Praza da Peixería repuxéronse 2 camelios, a mesma especia utilizada na zona de recreo da Praia do Campanario, onde se plantaron outros 4, e na zona das palmeiras eliminadas na avenida Rodrigo de Mendoza pola vaga do picudo vermello, plantáronse 5 albizias.

Repaso aos xogos infantís e máquinas biosaudables

O servizo de Medio Ambiente tamén hai semanas que traballa na campaña de primavera mediante a reposición de elementos dos xogos dos distintos parques infantís do municipio, como no do Preguntoiro, o de Dona Concha, o de Rubiáns, a tironila e o parque da Compostela. De igual xeito, repasouse a maquinaria das zonas biosaudables.

De cara á Semana Santa, o persoal deste departamento xunto co da concesionaria do servizo de limpeza, Cespa, centraron os primeiros traballos da campaña no acondicionamento das praias do municipio mediante unha limpeza manual e mecanizada dos areais do Campanario, A Covacha, Portugalete, Concha-Compostela, Canelas, Castelete e Preguntoiro. Os operarios municipais tamén fixeron un repaso das pasarelas de madeira, repoñendo os listóns soltos ou estragados durante o inverno, e acondicionaron as zonas de recreo da contorna das praias, como o Piñeiral e o Parque da Concha ou o a explanada e estacionamento do Preguntoiro.

Xunto a estas tarefas estanse, o servizo municipal de Obras intensificou nos últimos tempos os traballos de arranxo de beirarrúas e zonas peonís, cunha actuación especial no Parque Miguel Hernández, onde se está facendo un arranxo provisional de todo o pavimento mentres no se desenvolve ao proxecto de reforma integral do parque previsto polo Concello.

Nas vindeiras semanas, e tan pronto deixe de chover, porase en marcha tamén o plan de repintado de rúas que se leva a cabo cada primavera.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -