_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
NOVAS TECNOLOXÍAS
O concello leva a formación sobre os trámites on line a todos os centros socioculturais do municipio

Coa intención de que todos os vilagarciáns, vivan onde vivan, poidan familiarizarse coas vantaxes, pero tamén os retos, que ofrece a administración electrónica e os trámites on line, cada vez máis presentes nas nosas vidas, o concello, a través da concellería de Promoción Económica que dirixe Alba Briones, acaba de poñer en marcha unha iniciativa de información e formación que chegará a todos os lugares e parroquias. Será a través de charlas dunha hora e media de duración que se desenvolverán en 18 centros socioculturais todos os martes, dende o vindeiro, día 22, ata o 24 de maio, en horarios de 5 ou 7 da tarde.
19.03.2022. Hai varios meses, o concello abriu no quiosco de Arcebispo Lago unha oficina de atención e asesoramento aos veciños para a súa relación coa administración por vío electrónica. A iniciativa está tendo un notable éxito e son moitas as persoas que cada día se achegan a este lugar para coñecer como utilizar a sede electrónica do concello –sede.vilagarcia.gal- pero tamén para resolver dúbidas sobre outros trámites on line, como os que teñen que ver co Servizo Galego de Saúde, os bancos ou os pagos de servizos ou compras en liña.

Esta é a experiencia que se quere levar a todos os recunchos do municipio. Para iso foi contratada a empresa Asdem, un de cuxos técnicos se desprazará en martes sucesivos ata finais de maio a 18 centros. Nestes días pasados, dende o concello xa se contactou coas principais asociacións veciñais ou culturais que xestionan eses centros para tratar de chegar ao maior número de persoas posibles.

A experiencia arrancará o vindeiro martes, día 22, en Guillán -5 da tarde- e Trabanca Sardiñeira -7 da tarde-. O 29 tocaralle a quenda a Vilaxoán e Faxilde. En abril, o calendario será este: martes 5, Cea e Castroagudín; 12, O Carril e Bamio; 19, Renza e Galáns; e 26, Sobradelo e Fontecarmoa. No mes de maio, as xornadas de formación programadas son: o 3 para Trabanca Badiña e A Torre; o 10, para Rubiáns e A Laxe; e o 24, para Cornazo e O Sixto.

O concello agradece ás distintas asociacións –veciñais, de mulleres rurais e culturais- a súa colaboración na difusión e organización desta iniciativa e anima aos veciños a participar, porque verán resoltas moitas das súas dúbidas sobre os trámites on line e comprobarán que é menos complicado do que parece se un se familiariza con esas ferramentas que cada vez son e serán máis indispensables na vida diaria.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -