_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
As rúas de Vilagarcía volven a acoller este ano a Maratón Fotográfica pola Igualdade a celebrar o 5 de marzo

Despois da edición telemática do ano pasado, a Maratón Fotográfica organizada pola Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía recupera este ano o formato presencial, polo que as rúas da cidade volverán a ser escenario das imaxes a captar polos participantes na proba que se desenvolverá o sábado 5 de marzo. O Concello concederá 3 premios dotados cada un con 200 euros ás imaxes que mellor ilustren as temáticas do certame incluído nos actos conmemorativos do 8M, Día Internacional da Muller. O prazo de inscrición ábrese mañá, 15 de febreiro, e pecharase o 3 de marzo.
14.02.2022.- A Maratón Fotográfica ten como finalidade invitar á cidadanía a reflexionar sobre as desigualdades de xénero a través das imaxes que os participantes deben captar ao longo da xornada na que se celebra a proba. Para elo, a organización propón ao inicio da mesma tres temáticas a ilustrar. Preténdese que os participantes capten a través da súa creatividade esas situacións de desigualdade que aínda existen co obxectivo de facelas visibles ante a sociedade como medio para impulsar os cambios que as fagan desaparecer.

A saída da Maratón realizarase ás 10 horas do 5 de marzo dende o Auditorio e os concursantes disporán de prazo ata as 19.00 horas para tomar as fotografías. Todos os participantes deberán pasar entre as 13 e as 14 horas polo punto de control situado na sede do Gato Negro en Carril. Entre as 19 e as 23.59 horas deberán presentar os traballos de forma telemática, enviándoos por correo electrónico segundo se recolle nas bases aprobadas hoxe pola Xunta de Goberno Local e que se poden consultar no taboleiro de anuncios da web e da sede electrónica municipais.

A inscrición realizarase dentro do prazo establecido enviando a solicitude por correo electrónico ao enderezo maraton.muller@vilagarcia.gal . A folla de inscrición estará dispoñible na web municipal http://www.vilagarcia.gal . Tamén se poderán inscribir a través da sede electrónica sede.vilagarcia.gal, cos certificados electrónicos oficiais, a través do formulario “01001 Solicitude xenérica” e inserindo o formulario de inscrición. No caso da participación de menores de idade, deberá inserirse tamén unha copia do DNI do pai, da nai ou da persoa que o/a represente legalmente. Lémbrase que só poderán participar fotógrafos afeccionados, quedando excluídos os profesionais.

Como é tradición, o fallo do xurado darase a coñecer no acto público de inauguración da exposición de todos os traballos presentados á XIV Maratón Fotográfica que terá lugar o 1 de abril no Auditorio Municipal. As fotografías tamén se divulgarán a través das redes sociais do Concello de Vilagarcía.

Para resolver dúbidas, os interesados poden contactar coa Área de Igualdade dirixíndose directamente ao Concello en horario de 8 a 15 horas, chamar aos teléfono 986 099 200 extensións 102, 103 ou 109 no horario antes sinalado, ou remitir un mail ao enderezo muller@vilagarcia.gal

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -