_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O sector da construción colleu velocidade en Vilagarcía en 2021 ao incrementarse un 30% a súa actividade

O sector da construción colleu velocidade o ano pasado en Vilagarcía ao terse rexistrado un incremento de actividade do 30%. Os datos extráense da memoria do departamento de Urbanismo do Concello e do número de licenzas de obras concedidas en 2021. Estes datos apuntan un aumento en todo tipo de obras, tanto maiores como menores, tendencia que consecuentemente queda reflectida nos ingresos obtidos o pasado ano a través do posto de Construción, Instalación e Obras (ICIO) que case se duplicou ao pasar dos 310.782 euros recadados en 2020 aos 592.939 do exercicio que se acaba de pechar (un 90,7% máis).
21.01.2022.- No conxunto de licenzas que se tramitan ante o departamento de Urbanismo, as máis importantes en volume son as da construción, apartado que engloba os permisos de obras maiores e menores dos que o Concello emitiu o ano pasado 851 (194 máis que o ano anterior). As licenzas para obra maior -as que requiren a elaboración e presentación de proxecto técnico- repuntaron un 31,3% ao terse tramitado 172 (41 máis). Na categoría de obras maiores entran as actuacións de maior envergadura e complexidade técnica, tanto edificios de nova construción de todo tipo (bloque de vivendas, vivendas unifamiliares, naves…), como obras de rehabilitación, construción de muros de contención, parcelacións e segregacións de terreos, acondicionamento de locais, construción de piscinas, etc…

As licencias para obra menor -as que non precisan de realización de proxecto previo- son historicamente as máis numerosas. O ano pasado concedéronse un total de 679 deste tipo, 153 máis que o período anterior, o que supuxo un aumento do 29%.
O segundo grupo de licenzas que se tramitan no departamento de urbanismo son as “non construtivas”. Aquí, coa excepción das de primeira ocupación -que caeron case á metade ao pasar das 17 de 2020 ás 9 concedidas o ano pasado-, as demais tamén evolucionaron ao alza. Así, as licenzas de actividade case se triplicaron (pasando de 19 a 54) e as de instalación de terrazas de hostalaría que se incrementaron máis do triplo, ao pasar de 6 a 22 no mesmo período.
Como consecuencia da maior actividade do sector da construción e da evolución do resto de actividades urbanísticas, o departamento municipal tamén veu incrementado o volume de traballo o ano pasado. Só no que se refire ao trámite de licenzas, os trámites a realizar incrementáronse un 34% ao terse xestionado un total de 936 permisos (237 máis que no exercicio anterior).

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -