_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O espectáculo de Luis Zahera en Vilagarcía xa ten nova data: será o 7 de maio

O novo espectáculo de Luis Zahera, “Quero facer de galán” xa ten nova data para a súa estrea no Auditorio de Vilagarcía tras terse que suspender a función prevista para este venres, 14 de xaneiro, por dar positivo en covid o actor. A representación terá lugar finalmente o sábado, 14 de maio, ás 21.00 horas. As entradas xa están a venta en ataquilla.com e as persoas que tiveran adquirido billetes para a función suspendida terán a oportunidade de recuperar os cartos ou convalidar as entradas para o mes de maio. Calquera dos trámites faise automaticamente a través de ataquilla.com.
13.01.2022.- O prezo das entradas é de 12 euros na zona A do patrio de butacas e 10 para as zonas B e C (máis gastos de xestión na venta anticipada). De non esgotarse antes, tamén se poderán adquirir o día do espectáculo na billeteira do Auditorio a partir das 17.00 horas.

“Quero facer de galán” é un monólogo no que o actor e cómico galego fai un repaso en clave de humor a súa traxectoria profesional e persoal, contando anécdotas que arrancarán as gargalladas do público. Luis Zahera, galardoado co premio Goya da academia do cinema, mostra a súa faceta cómica neste show de 90 minutos cheo de recordos acerca da súa infancia, a súa chegada á TVG, os seus inicios na televisión nacional e unha infinidade de anécdotas surrealistas.

Zahera é un dos actores máis queridos de Galicia, que nos leva acompañando desde o seu entrañable personaxe de "Petróleo" na famosa serie da TVG "Mareas vivas", na que tamén participaban outros grandes actores galegos como Luis Tosar “O xuíz” ou Miguel de Lira “Currás. Luis, vén de cumprir 11 anos repartindo humor nos principais teatros e auditorios do país participando en espectáculos como "Noites de retranca", compartindo cartel con actores e artistas como Manuel Manquiña, Rober Bodegas, Quico Cadaval, traballos que compatibiliza coas súas intervencións en distintos proxectos cinematográficos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -