_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Servizos Sociais renova o contrato con Cruz Vermella para prestar teleasistencia domiciliaria mediante dispositivos inalámbricos

Os Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía veñen de renovar o contrato con Cruz Vermella para a prestación do servizo de atención domiciliaria a persoas maiores ou dependentes que viven soas e cuxos casos non son atendidos a través da rede da Lei de Dependencia por estar tramitándose aínda ou por quedar fora do ámbito da norma maila precisar do servizo. Trátase pois dun complemento co que o departamento que dirixe Tania García pretende dar cobertura a toda a poboación que precisa desta prestación.
12.01.2022.- Deste xeito, a través de Cruz Vermella, os Servizos Socias Municipais financian con 6.000 euros a atención domiciliaria a 25 persoas durante o ano 2022. Un número suficiente a xulgar pola demanda rexistrada nos últimos exercicios, con 17 usuarios o ano pasado e 10 en 2020. Pese a que este foi un ano excepcional onde o número de prazas se tiña incrementado ata 60 en previsión polas necesidades xeradas polo confinamento e a pandemia, atencións que tamén se cubriron mediante outros servizos realizados polo Concello, como por exemplo a través do plan de seguimento e acompañamento telefónico.

As persoas usuarias da teleasistencia reciben un dispositivo para levar colgado en todo momento a modo de colar ou como unha pulseira. Este sistema está conectado de forma inalámbrica co teléfono fixo ou móbil polo que, en caso de sentirse indisposto ou sufrir algún incidente, o usuario só ten que premer o dispositivo que leva posto para activar a alerta que fai que se lle envíe a asistencia necesaria ao seu domicilio. O sistema está operativo as 24 horas do día.

A telesasistencia domiciliaria ten dous obxectivos. O primeiro é o específico que fundamenta esta prestación: proporcionar unha asistencia preventiva a domicilio, inmediata e permanente, para a atención a persoas maiores ou dependentes. O sistema garante unha intervención inmediata en crises persoais, sociais ou médicas, proporcionando seguridade e evitando ingresos innecesarios en centros residenciais. Ademais, o servizo contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, facilitando o contacto co seu entorno social e familiar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -