_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Vilagarcía participa nas xornadas de AMUPARNA para abordar o Plan de Recuperación e Resilencia dos Parques Nacionais

Vilagarcía participa as XXV Xornadas AMUPARMA sobre Municipios e Parques Nacionais que se celebran esta fin de semana en Lanzarote e no que, entre os temas a tratar, destaca a presentación do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR) nos Parques Nacionais. Os concelleiros de Medio Ambiente, Diego García, e de Servizos, Lino Mouriño, representan a Vilagarcía, municipio membro da asociación por contar con territorio incluído no Parque Nacional das Illas Atlánticas a través do arquipélago de Cortegada e Malveiras.
27.11.2021.- A directora do organismo autónomo Parques Nacionais, María Jesús Rodríguez de Sancho, será quen explique o contido do PRTR que se aplicará no Parque das Illas Atlánticas, así como nos demais Parques Nacionais, co obxectivo de adecualo ás novas condicións xurdidas tras a pandemia e garantir así a súa conservación e supervivencia facéndoas compatibles coas visitas e a convivencias das persoas que habitan neles ou nas súas inmediacións. Tratase de manter crear e ofertar un turismo natural de alta calidade que sexa compatible cos modos de vida tradicionais de cada zona, aproveitando as sinerxias de ámbolos dous.

A asistencia a asemblea tamén permitirá aos munícipes coñecer as experiencias doutros parques nacionais e, especialmente de municipios con territorios protexidos, a efectos de atopar ideas que poidan aplicarse a Vilagarcía e á contorna de Cortegada para sacarlle o máximo rendemento sostible a un recurso natural de tanto valor e posibilidades.

Nestas xornadas abordarase o caso de Lanzarote, onde a cultura e tradición propias da illa convive en harmonía co Parque Nacional de Timanfaya e coa declaración de Reserva da Biosfera da UNESCO; e tamén se abordará a experiencia do último territorio en ser recoñecido como Parque Nacional, o da Sierra de las Nieves, en Málaga.

Aproveitando a celebración destas xornadas anuais, AMUPARNA desenvolverá tamén esta fin de semana a Asemblea Xeral do organismo para facer balance no ano que remata, avanzar en temas de organización e planificación de actividades para o ano que ven, abordar as liñas de subvencións e plantear os retos que teñen que afrontar os municipios con Parques Nacionais para adaptarse ás novas condicións globais e medioambientais.

Os grupos de traballo e relatorios das xornadas e da asemblea alternaranse con visitas ao Parque de Timanfaya, distintos pobos de e zonas naturais de Lanzarote, así como aos museos existentes na illa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -