_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A segunda fase da rehabilitación do Paseo Marítimo comeza esta semana, un mes antes do previsto

As xestións realizadas nos últimos días polo alcalde, Alberto Varela, ante a delegación do Goberno e o departamento de Costas para tratar de axilizar a segunda fase da rehabilitación do Paseo Marítimo veñen de dar os seus froitos, xa que o organismo estatal confirmou que esta mesma semana comezarán os traballos previstos inicialmente para mediados de xaneiro. O goberno local celebra a medida que permitirá que a remodelación do pavimento do paseo estea completada a comezos da primavera para que, coa chegada do bo tempo, poida ser disfrutado nas súas mellores condicións pola cidadanía.
27.11.2021.- Hai algo máis de un mes que Costas confirmaba a Varela que xa se tiña iniciado o procedemento para a contratacións dos traballos da esperada segunda fase do proxecto, unha actuación financiada integramente polo organismo estatal e que ten un orzamento de 632.681 euros e un prazo de execución de 4 meses. A empresa pública TRAGSA será a encargada de acometer a obra, como xa fixo coa primeira fase. O investimento total que supón a rehabilitación integral do paseo ascende a 1,3 millóns de euros que financiou integramente Costas do Estado.

Os traballos a realizar terán as mesmas características que os realizados na primeira fase, na que se substituíu o deteriorado pavimento de lousas de pizarra por un solado de formigón tintado moito máis resistente, duradeiro e accesible. Tamén conlevan a renovación do cableado de electricidade do alumeado público en todo o tramo.

As obras que se iniciarán a finais de mes afectarán ao tramo central dom paseo marítimo, o comprendido entre o Balneario da Compostela e as inmediacións do lavadoiro de Carril, xa que a primeira fase do proxecto afectou tramos dos extremos máis próximos a Vilagarcía e a Carril. A previsión é que as obras comecen pola parte máis próxima a esta localidade, para ir achegándose ao balneario.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -