_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade organiza un obradoiro online sobre o consumo de pornografía entre a adolescencia

No marco do proxecto “PorNo(n) educar” que está a desenvolver a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía, o vindeiro mércores, 1 de decembro, organízase un obradoiro online destinado ao público familiar. O obxectivo desta iniciativa é completar a formación e a información que xa se ofreceu a profesorado e alumnado de 4º da ESO dos centros educativos, co obxectivo de abordar o consumo de pornografía entre a adolescencia e ofrecer ferramentas que faciliten un mellor entendemento e eviten a creación de modelos que desvirtúan e prexudican o que debe ser unha sexualidade san e igualitaria.
23.11.2021.- O obradoiro online é unha actividade gratuíta e aberta á participación de calquera familia, que se desenvolverá a través da plataforma Zoom o mércores 1 de decembro entre as 17.30 e as 20.30 horas. A actividade será impartida por Sabela Maceira, responsable da área de educación sexual do centro de sexoloxía “Con mucho gusto!”, e dirixida por Martina González Veiga. Con esta iniciativa preténdense abrir canles de comunicación nas familias para crear espazos seguros onde a rapazada se poida expresar.

Para inscribirse, os interesados deberán enviar ao enderezo muller@vilagarcia.gal un correo co asunto: “Inscrición PorNo(n) educar”, indicando no corpo do mesmo o nome e apelidos e un correo electrónico de contacto. O prazo para anotarse remata o próximo martes, 30 de novembro. Ese mesmo día, enviaráselle o enlace e unhas breves indicacións para o acceso.

Unha problemática moi xeneralizada

O proxecto “PorNo(n) Educar. Adolescencia e pornografía” conta con financiamento do Pacto de Estado e ten como obxectivo xerar un pensamento crítico e reflexionar conxuntamente sobre o consumo da pornografía e os estereotipos que esta transmite. A necesidade de realizar este programa débese a que as estatísticas amosan que arredor do 60% das rapazas e o 90% dos rapaces menores de dezaoito anos viron pornografía nalgún momento.
O material audiovisual pornográfico é unha ficción, pero as carencias formativas en educación sexual fan que se entenda como representacións da realidade e polo tanto, modelos a seguir nas relacións afectivo-sexuais.

Ademais, as carencias educativas no uso das novas tecnoloxías e a desprotección da infancia ante contidos adultos, pese ás configuracións de control parental, fan que estes contidos poidan ser altamente impactantes e sexan necesarias accións para paliar os seus efectos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -