_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía promove a poesía en galego entre a mocidade cun concurso dedicado a Xaquina Trillo

O Concello de Vilagarcía acolleu este mediodía a presentación do I Concurso de Poesía Xaquina Trillo, un certame promovido polo colectivo A Mesa das Verbas xunto coa Concellería de Cultura e o Centro Comercial Arousa que ten como obxectivo promover a creatividade en lingua galega, fomentar a poesía en idioma galego entre a mocidade da comunidade autónoma e difundir a obra da poetisa vilagarcián que lle da nome. O concurso está dirixido a estudantes da ESO de toda Galicia (de entre 12 e 16 anos) que poderán presentar os seus traballos ata o día 10 de xaneiro. Entregaranse 3 premios dotados cada un deles cunha suma en metálico, un vale compra no Centro Comercial Arousa, diploma e outros agasallos.
17.11.2021.- Ademais de cumprir o requisito de idade, para poder concursar, os participantes deberán presentar un poema escrito en galego, que non exceda os 60 versos e que deberá ser inédito, orixinal e non ter sido premiado en ningún outro certame.

Establécense tres premios. O primeiro dotado con 100 euros en metálico e un vale-compra do mesmo importe para gastar nos establecementos do Centro Comercial Arousa. O segundo premio consistirá en 50 euros e vale comprar por importe doutros 50, e o terceiro en 25 euros e vale da mesma cantidade. Todos os premiados recibirán un diploma acreditativo e un lote de agasallos.

O traballo presentarase baixo plica -seguindo as instrucións que se poden consultar nas bases penduradas no taboleiro de anuncios da wew vilagarcia.gal- directamente na furna que se habilitará no Centro Comercial Arousa, ou por correo postal, ao enderezo e como tamén se indica nas bases. O prazo de presentación remata o 10 de xaneiro e o fallo darase a coñecer a finais dese mesmo mes. O xurado estará composto por tres persoas a designar polas entidades convocantes.

Para a entrega dos premios organizarase un acto público a celebrar no mes de febreiro no marco dos actos conmemorativos do nacemento de Rosalía de Castro.

A poetisa da Ría de Arousa

Con este certame, preténdese tamén dar a coñecer a figura e a obra de Xaquina Trillo (Vilagarcía de Arousa, 1016-2004), unha muller letrada e galeguista que conviviu e se doceiou cos intelectuais da época nuns tempos nos que o papel da muller non se deixaba visualizar. Esta situación pretende reverterse agora dedicándolle este premio e difundindo a súa vida e os seus poemas.

Do colexio León XIII a profesora e funcionaria de Xustiza

Xaquina formouse no lendario colexio León XII de Vilagarcía, onde recibiu clase de Aquilino Iglesia Alvariño. Sendo unha muller nova queda viúva con dúas fillas ao seu cargo e ten que sacar adiante a súa familia. Traballa como mestra substituta e percorre distintas vilas e aldeas de Galicia. Gana as oposicións a auxiliar de Xustiza e traballa na Audiencia Provincial da Coruña. Xubilaríase como funcionaria do Ministerio de Xustiza.

Entre as anécdotas da súa vida destacan que foi ela quen lle entregou un ramo de flores a Federico García Lorca cando este estivo en Vilagarcía coa compañía de teatro La Barraca en 1932, ou ter recibido as felicitacións do mesmo Castelao tras ter declamado un poema de Rosalía de Castro.

Unha muller con inquedanzas intelectuais, galeguista e á que caracterizada o seu bo humor, empezou a publicar a unha idade avanzada pechando unha bibliografía composta por seis poemarios:

- Ceibos (1980).
- - Xanela aberta (1981).
- - Tempos idos (1983).
- - Védelos eí van (1985).
- A rosa dos ventos (1989).
- - Compostela i as camelias (1992).

Cando faleceu estaba traballando nun poemario, aínda inédito, en homenaxe a grandes personalidades galegas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -