_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía recibe dúas Flores de Honra no certame Vilas en Flor de Galicia 2021

O Concello de Vilagarcía vén de ser galardoado con dúas Flores de Honra no certame Vilas en Flor de Galicia 2021 cuxos premios se entregaron este mediodía nun acto celebrado en Allariz. As distincións que entrega a Fundación Juana de Vega, a Asociación de Viveristas do Noroeste e Asociación Galega de Empesa de Xardinería son un recoñecemento á labor dos municipios para mellorar e embelecer os espazos urbanos. As dúas Flores de Honra outorgadas a Vilagarcía avalan o traballo que se vén realizando nos últimos anos a través de diversas iniciativas que poñen en valor a cidade a través de actuacións de xardinería e arte floral e que a converten nun lugar máis atractivo e agradable para vivir.
17.11.2021.- Vilas en Flor de Galicia é un programa que quere amosar e poñer en valor a riqueza natural e paisaxística do territorio mediante o recoñecemento público de todos aqueles proxectos de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos que son un exemplo a seguir. Neste marco, o programa que coordina a Fundación Juana de Vega no marco do seu traballo para a mellora integral do territorio e a paisaxe en Galicia, premia ao pobos e cidades que destacan por unha actuación real, consciente e a longo prazo en materia de axardinamento, medioambiente e mellora da calidade de vida dos seus habitantes.

Entre as actuacións valoradas en Vilagarcía destacan tanto o coidado e mantemento habitual das zonas verdes e espazos públicos, coas diferentes campañas de decoración floral que se levan a cabo en primavera, Nadal e verán, como eventos concretos e multidisciplinares nos que a ambientación paisaxística teñen un peso relevante, como por exemplo os Xardíns Efémeros que se crean durante o Nadal para ambientar as rúas durante as festas, a decoración floral de rúas que se desenvolveu durante o certame EspaVila! ou a realizada na última Festa dos Maios, por poñer só uns exemplos.

A acto de entrega das distincións do programa Vilas en Flor celebrado esta mañá en Allariz asistiron o concelleiro de Medio Ambiente, Diego García, o edil de Obras, Lino Mouriño e a responsable do servizo municipal de Xardíns, Dolores Barreiro. Está é a primeira vez que Vilagarcía se presenta ao certame, polo que conseguir xa dúas Flores de Honra é todo un logro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -