_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
A Deputación eloxia o resultado da humanización do Piñeiriño e anuncia 3,6 millóns máis de investimento para 2022

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, eloxiou o resultado das obras de humanización da rúa Camilo José Cela na urbanización do Piñeiriño, que puxo como exemplo de cara onde deben camiñar as cidades. Silva felicitou por iso ao goberno de Alberto Varela, do que dixo que está a facer de Vilagarcía unha referencia nestas políticas que a Deputación comparte, e anunciou novos investimentos da corporación provincial na cidade por valor de 3,6 millóns de euros en 2022.
11.11.2021. Tras facer un paseo pola nova praza e gabarse de que con ese deseño os nenos e maiores poderán socializar, xogar e divertirse, a presidenta da Deputación non dubidou en comezar a súas palabras dicindo que sempre “é unha satisfacción” vir a Vilagarcía porque permítelle comprobar como se segue avanzando na idea de facer unha cidade máis “amable”, en contraste coas cidades “de antes”, cando se levantou o Piñeiriño, por exemplo, nas que se pensaba máis nos coches que nos peóns. Neste sentido, lembrou que alí onde hai unha intervención de humanización se xera non só actividade social senón tamén económica, como igualmente puido comprobarse no propio Piñeiriño tralas obras.

Carmela Silva felicitou por iso a Alberto Varela e o seu equipo, e non deixou pasar a oportunidade para anunciar que este mesmo venres se aproba o Presuposto provincial, no que se prevén investimentos de 3,6 millóns de euros en Vilagarcía durante 2022 e o primeiro semestre de 2023. 1,3 millóns de destinarán á creación da nova biblioteca no vello Liceo Casino, a través do plan de reactivación ReacPon, e 2,3 millóns serán recibidos pola vía do Plan Concellos. A isto, indicou a presidenta provincial, se unirán outras partidas doutros plans aos que normalmente acode o Concello.

COMPROMISO. Pola súa banda, o alcalde salientou que Silva xa se ten convertido nunha vilagarciá máis. Agradeceu por iso que a Deputación conte cunha presidenta e cun equipo que entenden a importancia de dar protagonismo aos concellos á hora de deseñar o seu futuro, e para iso son necesarios investimentos. Neste sentido, Alberto Varela destacou que a Deputación é, con moita diferencia, a administración que máis inviste en Vilagarcía.

O rexedor agradeceu o traballo feito polo arquitecto Mariano Vázquez, cuxa proposta foi inmediatamente asumida polos veciños. De igual xeito, gabou a labor da asociación de veciños no desenvolvemento dun proxecto que ao principio despertou certas discrepancias polo que ía supoñer de cambio radical nunha rúa que ata hai ben pouco era o principal acceso dos vehículos á urbanización e agora é un lugar de encontro interxeneracional e de actividade económica.

Alberto Varela lembrou, por último, o compromiso do seu goberno dende o día que foi elixido: aparcamentos disuasorios, a humanización da rúa principal, o financiamento ao 50% do comedor escolar, ou o inicio do plan de ciclovías precisamente no Piñeiriño son exemplos dese compromiso cunha zona na que viven, subliñou, arredor de 2.500 persoas que merecen tanta atención como as que habitan en calquera outra zona do municipio.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -