_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
O Mercado de Nadal regresa ás rúas de Vilagarcía do 3 de decembro ao 2 de xaneiro

O Mercado de Nadal volverá a animar as rúas e Vilagarcía durante as festas máis entrañables e a campaña comercial máis potente do ano. Para contribuír á crear o ambiente festivo típico destas datas e dinamizar a actividade comercial e hostaleira, a Concellería de Promoción Económica organiza e xestiona o mercadiño que se desenvolverá nas contornas das prazas da Independencia e de España entre o 3 de decembro e o 2 de xaneiro. Serán máis días que nas edicións anteriores para crear ambiente e facilitar as compras dos produtos típicos de Nadal.
09.11.2021.- Como xa fixo o ano pasado como medida de apoio ao sector, o Concello no cobrará aos comerciantes polo aluguer das casetas nin pola ocupación do solo. O requisito principal para participar é que os produtos que se ofrezan no mercado estean relacionados co Nadal e que, a maiores, se cumpran os requisitos legais para prestar a actividade de venta ao público que se especifican nas bases.

A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión de onte as bases que regularán o mercado que se comporá das 16 casetas de madeira que o Concello facilita aos comerciantes, que poderán dispor deles durante todo o tempo que dure o mercado ou por períodos mínimos de 1 semana.

Como xa se dixo, a participación é de balde, tendo os participantes que cumprir os requisitos que establecen as bases, entre os que se encontra a obriga de manter abertos os postos todos os días e durante o horario establecido polo Concello, que será 11 a 14 e de 17 a 21 horas todos os días, coa excepción dos días 24 e 31 de decembro, que terá horario continuado de 11 a 18 horas, e do 25 de decembro e 1 de xaneiro, que abrirá unicamente pola tarde, de 17 a 21 horas.

Por tratarse dun mercado temático, todos os produtos a vender nel deberán ter relación coa época de Nadal. Así pois admitirase a venta de figuriñas do Belén, árbores de Nadal, flores de pascua, artigos de decoración para ás árbores, luces, guirnaldas, coroas, centros e outros ornamentos florais, produtos de artesanía, gastronomía típicos da época como turróns, mazapáns, manualidades, bixutería e complementos de inspiración navideña.
O Concello reservará un número mínimo de postos para actividades de hostalaría, que deberán ofrecer bebidas quentes, tamén propias da época (chocolate, infusións, cafés…) e doces tradicionais para consumo in situ. Ademais, reservará unha caseta para as ONGs e entidades sociais do municipio sen ánimo de lucro, que se irán rotando no posto para poder poñer á venta os artigos que elaboran nos seus obradoiros ocupacionais.

Inscrición ata o 15 de novembro

As persoas interesadas en contar cun posto no Mercado de Nadal dispoñen de prazo ata as 24.00 horas do día 15 de novembro para solicitado. O trámite pódese facer tanto a través da sede.vilagarcia.gal, mediante o procedemento/formulario 5005, ou a través do rexistro oficial de calquera administración. Neste último caso o solicitante deberá comunicar a solicitude o mesmo día ao Concello remitindo un corro electrónico ao enderezo tle@vilagarcia.gal .
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -