_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A concesión de 1.237.629 euros do Reacpon permite ao Concello acelerar o proxecto da nova Biblioteca Municipal

A esperada e necesaria nova Biblioteca Municipal de Vilagarcía está moito máis preto de facerse realidade ao terse coñecido xa a resolución favorable da Deputación de Pontevedra a financiar o proxecto a través do programa Reacpon. A comunicación da concesión de 1.237.629 euros de subvención permite ao Concello acelerar a materialización deste importante proxecto e afectos de sacar a obra a licitación coa maior brevidade posible. Para non demorar os traballos e para que a sobras poidan comezar cantos antes, mentres se cumpre o proceso administrativo da contratación, o Concello acordará coa directiva do Liceo-Casino as datas para ir procedendo ao baleirado da antiga sede.
08.11.2021.- A construción da nova Biblioteca nas instalacións adquiridas polo Concello na rúa Castelao é un dos proxectos máis ambiciosos que vai a levar a cabo o Concello o vindeiro ano e un dos máis reivindicados polos vilagarciáns que dende hai anos demandaban unhas instalacións culturais máis amplas e modernas. O proxecto da Biblioteca precisará dun investimento total de 1.768.000 euros dos que, ao ter obtido a través do Reacpon o 70% (o máximo previsto nas bases), o Concello só terá que aportar os 530.413 euros restantes. Esta suma xa está dispoñible posto que, para axilizar o proceso, o goberno local xa reservou nos orzamentos deste ano unha partida de 1.450.000 euros con destino á Biblioteca da que, grazas á obtención da subvención, poderán ser reutilizados para outros investimentos no municipio máis de 900.000 euros.

Co pulo que vén de coller o proxecto coa resolución do Reacpon, o servizo municipal de Contratación traballa xa nos pregos para sacar a obra a licitación. Mentres, e para ir gañando tempo, procederase ao baleirado das instalacións, traballos que comezarán nas vindeiras semanas segundo se acorde coa directiva do Liceo-Casino, posto que o prazo dos 2 meses comunicado á sociedade para desaloxar as instalacións, expirou o pasado 14 de outubro. Ademais, a petición da propia directiva e a efectos de evitar problemas, cambiaranse a fechadura de acceso ás instalacións.

No marco da liña de colaboración que o Concello mantén con todos os colectivos e asociacións do municipio, como xa dixera no seu momento, o goberno local comprométese a buscar alternativas para que tanto o Liceo-Casino coma Arousa Moza poidan dispor de instalacións nas que desenvolver as súas actividades. Ante a carencia de instalacións municipais, xa que todas están ocupadas, o Concello ofrécese a xestionar ante a Xunta de Galicia que cede en uso a Arousa Moza algunhas das dependencias da infrautilizada Casa da Xuventude de San Roque, respectando, pro suposto, os horarios de funcionamento da Oficina de Información Xuvenil existente e do Club de Xadrez Fontecarmoa, que tamén realiza actividades alí. Para o Concello, esta sería unha boa alternativa ao trátase dun edificio céntrico e cuxo uso é o de actividades para a mocidade, polo que a asociación vilagarciá encaixaría perfectamente nel e contribuiría a sacarlle maior rendemento.

En canto ao Liceo-Casino, tamén se están a buscar alternativas para que poida continuar coa súa actividade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -