_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Propostas de software, estética, fisioterapia e administración de lotería concorren ás axudas municipais á creación de empresas

Un total de 18 proxectos de emprendemento concorren á edición das Axudas Municipais á Creación de Empresas que oferta anualmente o Concello de Vilagarcía para fomentar e colaborar na posta en marcha de novas iniciativas empresariais e para favorecer a xeración de novos postos de traballo no municipio. A través desta liña, os proxectos que reúnan os requisitos da convocatoria obterán unha subvención que pode chegar ata os 2.500 euros cos que para axudar a financiar os custes iniciais da posta en marcha do negocio.
02.11.2021.- Os proxectos presentados abordan unha ampla rama de sectores, dende o deseño de software destinado á xestión de párkings, ata clínicas de estética e fisioterapia, pasando por unha administración de loterías. Tamén hai proxectos para a apertura dun establecemento hostaleiro, unha panadería e comercios de moda.

Para financiar estas axudas, a Concellería de Promoción Económica dispón dunha partida de 42.000 euros. As axudas son a fondo perdido e os gastos subvencionables son de moi diverso tipo, dende os de constitución da sociedade (visados, honorarios, alta no rexistro mercantil, licenza de apertura, etcétera), ata os de acondicionamento do local, pasando pola compra inicial de mercadorías, os gastos de aluguer, os servizos (auga, electricidade) e as primas de seguros.

Entre os requisitos esixidos constan que a empresa estea radicada no municipio de Vilagarcía de Arousa; que sexan de nova creación (considerando incluídos neste concepto os traspasos de negocio e exceptuando aqueles que se realicen entre cónxuxes, parellas de feito e familiares por consanguinidade); que, como mínimo, unha das persoas promotoras estea en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial; e que se cree, ao menos, o seu propio posto de traballo en calquera das formas xurídicas existentes.

Tamén se admitirán os supostos de relevo xeracional nun negocio por xubilación ou falecemento do seu titular. E, obviamente, non poderán recibir as axudas aqueles que teñan débedas coa Seguridade Social ou coas Facendas do Estado ou da Comunidade Autónoma.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -