_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A segunda fase da remodelación do paseo marítimo comezará no mes de xaneiro

O paseo marítimo entre Vilagarcía e Carril estará completamente reformado e presentará unha imaxe uniforme o vindeiro ano grazas á execución da segunda fase da obra de remodelación que se iniciará no mes de xaneiro. O alcalde, Alberto Varela dou a coñecer a noticia no Pleno de onte, tras ter confirmado por parte de Costas do Estado que xa se está tramitando o expediente económico para adxudicar os traballos a Tragsa, a empresa pública que se encargou da execución da primeira fase, así como a previsión que teñen para comezar os traballos.
29.10.2021.- Con esta actuación, Costas completará o proxecto de reforma integral do paseo marítimo iniciada en 2017 para solventar o grave deterioro que sufría o solado de losetas de pizarra do paseo e os problemas de accesibilidade que provocaba para os peóns, así como o elevado custe de mantemento que tiña para o Concello. A primeira fase do proxecto rematou na primavera de 2018 e afectou aos extremos do paseo: os tramos comprendidos entre a praia da Concha e o balneario da Compostela por un lado, e dende Carril ata o lavadoiro polo outro. O tramo intermedio, o que vai dende o lavadoiro ata o balneario, ía a executarse a continuación, pero tivo que aprazarse por problemas orzamentarios imprevistos debido ao desvío de fondos de Costas a paliar os graves danos dos temporais sufridos ese ano na zona de Levante primeiro, e despois pola crise sanitaria.

Para axilizar o investimento, o alcalde de Vilagarcía realizou nos últimos meses varias xestións ante os diferentes responsables de Costas, a última nunha entrevista celebrada en Madrid á que tamén asistiu a concelleira de Urbanismo e Mobilidade. Neste momento, os responsables ministeriais comprometéronse a rematar a obra pero non foi ata esta mesma semana cando confirmaron que o expediente xa está en trámite para a inmediata adxudicación. Froito deste anuncio no Pleno de onte, o grupo municipal do PP retirou unha moción que tiña presentado sobre o asunto.

Así as cousas, en xaneiro dará comezo a obra que completará a segunda fase da reforma integral do paseo marítimo. Os traballos seguirán os criterios e características da primeira fase, polo que as lousas de pizarra que se levantaban e rompían creando obstáculos e riscos de tropezóns e caídas para os peóns, substituirase polo pavimento de formigón coloreado similar ao que xa hai nos outros dous tramos do paseo e que tantas boas criticas tivo por parte dos usuarios que camiñan a diario por este transitada zona de paseo.
A reforma integral do paseo marítimo foi unha obra que o Concello de Vilagarcía conseguiu que financiase integramente Costas do Estado.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -