_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Alumnos de aquitectura da Universidade Portucalense toman a Escola Infantil de Vilaxoán como exemplo a estudar

O edificio da Escola Infantil de Vilaxoán continúa recibindo recoñecementos. Neste caso dende o ámbito universitario e internacional, posto que o departamento de Arquitectura e Urbanismo da Universidade Portucalense de Oporto elixiu a obra promovida polo Concello de Vilagarcía e deseñada polo arquitecto Iago Fernández Puentes como exemplo a estudar polos seus alumnos de último curso.
22,.10.2021.- No marco do traballo que os estudantes están a realizar para completar a súa formación, unha delegación lusa visitará mañá a Escola Infantil de Vilaxoán para coñecer de primeira man a filosofía, as técnicas e os materiais elixidos polo autor do proxecto, así como a adaptación do deseño á finalidade do centro e a súa harmonización na contorna. O propio Iago Fernández actuará de guía e responderá ás preguntas do grupo, composto por 15 alumnos de 5º curso e a responsable do departamento, a profesora Ana Lima. A concelleira de Urbanismo, Paola María, tamén participará na visita ao edificio que xa suma outros recoñecementos de relevancia, como a mención recibida no apartado relativo á obra pública dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación 2020 convocados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como o accésit dos Premios Juana de Vega de Intervención na Paisaxe.

A visita comeza ás 10.30 horas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -