_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía concorre aos fondos Next Generation para ampliar o Plan de Recuperación Económica con 815.000 euros máis

O Concello de Vilagarcía pretende ampliar ata finais do ano 2022 o Plan de Promoción e Recuperación Económica “Vilagarcía 20/21” posto en marcha hai uns meses co obxectivo de paliar os efectos da crise xerada pola pandemia e revitalizar a economía local. Ao millón de euros presupostados inicialmente pola administración local para desenvolver este plan, o executivo que preside Alberto Varela, pretende sumar os 815.100 euros máis que se veñen de solicitar con cargo ao programa europeo Next Generation e que se destinarían á revitalización do comercio de proximidade, un dos sectores que máis sufriu durante a crise sanitaria.
14.10.2021.- Vilagarcia concorre a estes fondos europeos a través da liña de “apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtos de comercialización” incluída no Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia posto en marcha polo Goberno do Estado.

A proposta elaborada pola Concellería de Promoción Económica concreta o ámbito de actuación das medidas a financiar con estes fondos europeos tanto na Praza de Abastos, como no pequeno comercio e nas zonas urbanas comerciais. E as accións a desenvolver oriéntanse á transformación dixital e do punto de venta dos negocios, a actuacións de sustentabilidade e economía circular, a formación para o sector comercial e a intervencións en materia de adecuación de espazos, eficiencia enerxética e xestión de residuos.

O obxectivo é aproveitar estes fondos para promover a modernización do tecido comercial local, de xeito que saia fortalecido e sexa máis competitivo e eficiente de cara ás necesidades do consumidor actual, á vez que se axuste aos requisitos medio ambientais e enerxéticos que se defenden dende Europa.

Eixo 1: Praza de Abastos

A proposta vilagarciá estrutúrase en tres eixos de actuación. O primeiro, dedicado á recuperación de mercados tradicionais recolle diversas intervencións na Praza de Abastos, tales como a adquisición de caixas de recollida intelixentes para a entrega e recollida de compra, a posta en marcha dun servizo de reparto a domicilio mediante vehículo eléctrico, a instalación de paneis solares e a implantación de medidas de eficiencia enerxética.
Tamén se prevé para o mercado público a realización de obras de adaptación, mellora dos espazos e accesibilidade, a implantación dun sistema de valorización enerxética dos residuos orgánicos e o acondicionamento da planta superior do edificio para o desenvolvemento de accións formativas e de sensibilización en materia de consumo responsable e economía circular.

Eixo 2: Zonas Comerciais

O segundo eixo céntrase no comercio local e inclúe actuacións dirixidas á dixitalización e uso das novas tecnoloxías para a mellora dos procesos de compra. Para iso proponse a implantación de zonas dixitalizadas de carga e descarga e a instalación de puntos de entrega intelixentes en diferentes zonas da cidade de fácil accesibilidade. Tamén se financiaría neste eixo a adquisición de ferramentas de autodiagnóstico de viabilidade do pequeno comercio, así como a realización de accións de sensibilización e formación en materia de dixitalización e desenvolvemento dun programa de titorización individual para a modernización, revitalización e dixitalización do comercio tradicional.

Eixo 3: Cidade Resiliente, Humanizada e Sustentable

O terceiro e último eixo leva por título Cidade Resiliente, Humanizada e Sustentable e nel intégrase, entre outras, medidas como a creación do Banco Municipal de Locais Comerciais, o desenvolvemento de accións e eventos para a dinamización e revitalización das zonas comerciais, actuacións de ornamentación e decoración destes espazos, pequenas obras de accesibilidade e instalación de sinalética integral das zonas comerciais.

2 millóns de euros para a recuperación

O Concello de Vilagarcía terá que esperar aínda a que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo resolva a convocatoria destas axudas do Next Generation. De concederse os 815.100 euros solicitados, o investimento total a realizar a través desta iniciativa superaría o millón de euros coa parte que lle correspondería achegar á administración municipal. Como xa se dixo antes, esta cantidade sumaríase ao millón de euros co que xa está dotado o Plan de Promoción e Recuperación Económica que está a executar o Concello, polo que o investimento total para axudar á economía local a recuperarse da crise elevaríase ata os 2 millóns de euros, unha cifra moi importante para un municipio da entidade de Vilagarcía.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -