_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Chévere volve a Vilagarcía o 13N con N.E.V.E.R.M.O.R.E. para reflexionar sobre a catástrofe do Prestige

A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía vén de pechar a contratación da compañía de teatro Chévere para presentar en Vilagarcía N.E.V.E.R.M.O.R.E, o seu novo espectáculo no que, co seu característico humor crítico e non exento de realismo e drama, aproveita para facer unha reflexión sobre a catástrofe do Prestige cando están a piques de cumprirse 20 anos do suceso. A representación terá lugar o sábado 13 de novembro, coincidindo coa data do acontecemento, e será no Auditorio Municipal ás 20.00 horas.
08.10.2021.- As entradas póñense á venta mañá en http://www.ataquilla.com e no teléfono 902504500. Haberá un prezo único de 10 euros (máis gastos de xestión na venta anticipada) e o aforo será o que establezan as normas sanitarias para ese momento. De non esgotarse os billetes na venta anticipada, as entradas sobrantes poranse á venta o mesmo día da función na billeteira do Auditorio a partir das 18.00 horas

O famoso lema do “Nunca Máis” popularizado polos galegos con motivo do accidente marítimo que encheu de chapapote parte das nosas costas, convértese no N.E.V.E.R.M.O.R.E. que da título a este espectáculo de base documental que Chévere, como xa fixo, por exemplo en “Curva España”, preséntanos como unha viaxe emocional á catástrofe do Prestige para seguir facendo memoria escénica.

Con esta obra, a premiada compañía de teatro pretende comprobar se a historia do Prestige foi algo máis ca unha catástrofe ecolóxica, “porque ao mellor é unha metáfora da hostia e haina que entender como un aviso do que estaba por chegar”. N.E.V.E.R.M.O.R.E. foi ideado en marzo de 2020, “cando a chegada dun virus demostrou que todo pode mudar. Que o mundo pode parar.
Aí decatámonos do rápido que o esquecéramos. Un ano despois comprobamos o enorme esforzo que se está facendo para que todo volva ser coma antes. E o fácil que é deixarse convencer outra vez. Así que decidimos contar unha historia para non esquecer tan facilmente que as cousas poden ser doutro xeito”.

Para Chévere N.E.V.E.R.M.O.R.E. é unha forma de acudir á memoria colectiva dun deses pobos que se poden borrar do mapa sen que pase nada. “Un pobo que, así e todo, en decembro de 2002 fixo seu o berro do corvo e non se deixou convencer polas mentiras daqueles que aseguraban que non pasaba nada, que todo seguían sendo coma antes. Contar esta historia é tamén un conxuro para desfacer o feitizo que sigue rodeando a catástrofe do Prestige, convertida nunha metáfora estrañamente perfecta desa cultura do petróleo que nos impide ver que hai máis alá da catástrofe, coma se non puidésemos habitar outro lugar que non sexa ese. Coma se no fose posible encontrar un rinoceronte gris dentro dunha caixa negra”.

A montaxe dirixida por Xron conta co elenco habitual de Chévere, encabezado por Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo e que completan Manuel Cortés, Borja Fernández, Mónica García e Arantza Villar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -