_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Unha exposición sobre os Gremlins abre unha das edicións máis ambiciosas do Curtas

Coa apertura de varias exposicións simultáneas, unhas na sala Rivas Briones, outras no Auditorio, e outra na antesala do Salón García, o Curtas, Festival do Imaxinario botou a andar a súa edición 2021, unha das máis ambiciosas malia as dificultades que entraña a actual situación de pandemia. Con todo, a mostra sobre os Gremlins está chamada a ser a de maior atractivo. Nenos e maiores poden fotografarse cuns personaxes que, sen dúbida, marcaron unha época.
01.10.2021. O alcalde, Alberto Varela; a concelleira de Cultura, Sonia Outón; e o director do festival, Luis Rosales, foron os encargados de presentar os espazos expositivos deste Curtas 2021. Rosales destacou especialmente o esforzo por describir o universo creativo de Joe Dante, o director americano que será a gran estela do festival. Igualmente, as pezas que reproducen distintos momentos icónicos dos Gremlins, como o banco no que catro deles cantan unha panxoliña de Nadal. Rosales agradeceu explicitamente o apoio do concello, sen o que, dixo, non sería posible o festival, que está axudando non só a colocar a Vilagarcía no mapa cultural de Galicia e España senón tamén a recuperar a hostalería e o comercio locais.

Nesta mesma idea insistiu a concelleira de Cultura. Sonia Outón subliñou que unha das súas metas é desestacionalizar a oferta de ocio en Vilagarcía e Curtas é un exemplo paradigmático. Agradeceu, por iso, o traballo feito pola asociación que dirixe Luis Rosales e que está detrás do Curtas. Outón aventurou que cando chegue o momento das proxeccións, con centros de longas e curtametraxes, os aforos derivados da Covid xa estean moi preto do 100%, o que sen dúbida contribuirá a dar vistosidade ao festival e ao todo o esforzo feito.

Pola súa banda, o alcalde quixo destacar que cada ano, “sempre que entro aquí me pregunto se serán capaces de sorprendernos, como na edición anterior, e de novo o conseguiron”. Felicitou, en consecuencia, publicamente a Rosales e a todo o seu equipo, e comprometeu o seu apoio a un festival que xa se ten convertido nun referente en Galicia e en España.

As exposicións que conforman o Curtas 2021 estarán abertas de luns a domingo na Sala Rivas Briones (o domingo, só pola mañá) e de luns a sábado no auditorio, en ambos casos ata o 26 de novembro. As mostras son estas:

OLLO QUE MORDEN!
Sala Rivas Briones

O cinema prestou unha especial atención aos monstros. E se hai uns monstros queridos por todos son os "Gremlins". Con motivo da visita de Joe Dante, o director da mítica película, Curtas achega a Vilagarcía a recreación de varios sets do filme a tamaño real do filme de Dante e sets doutros títulos como Critters e Ghoulies baixo o título ”Ollo que morden!”.

BELÉN ORTEGA
Sala Rivas Briones

Ilustradora e historietista granadina apaixonada da cultura xaponesa, estudou Belas Artes na Universidade de Granada e completou os seus estudos na Human Academy de Osaka, onde viviria durante un ano e tres meses. O 10 de agosto de 2021, coa posta á venda da sexta entrega de "Batman: Urban Legends", Belén Ortega participa nun novo fito na historia de DC Cómics, ao poñer en imaxes a pasaxe escrita por Meghan Fitzmartin onde Tim Drake (unha das identidades de Robin, o inseparable compañeiro de Batman), desvela que é bisexual.

KING SPAWN DE JAVIER FERNÁNDEZ
Sala Rivas Briones

Javier Fernández é un debuxante catalán fincado en Granada que traballou fundamentalmente para o mercado estadounidense, en varios títulos como "Flashpoint: The Outsider", "Captain America: First Vengeance", "Hero Complex", “Nightwatchman", "Magneto" ou "Nightwing". Demostrou gran versatilidade como debuxante, publicando tamén no mercado europeo, cActualmente encárgase da nova serie de Image Cómics King Spawn, xunto ao escritor Sexan Lewis, que se puxo a venda a finais de agosto deste mesmo ano nos Estados Unidos batendo todos os records de venda ostentada ata ese momento polos Avengers, chegando ao medio millón de exemplares na súa prevenda.

JESÚS MERINO
Sala Auditorio

Debuxante xerezano de trazo limpo e rotundo que cultivou fama como debuxante de superheroes españois e que logo desenvolveu unha sólida carreira en Estados Unidos, primeiro como entintador e logo como debuxante completo, sobre todo en DC Cómics. A exposición que se poderá disfrutar en Curtas recolle unha boa mostra do seu traballo para esta editorial.

FERNANDO IGLESIAS "KOHELL"
Sala Auditorio

O vilagarcián Fernando Iglesias, tamén coñecido como Kohell, e un dos grandes nomes da banda deseñada galega. Xunto a Carlos Portela publicou entre 1993 e 1994 "Impresiones de la Isla" para Camaleón Ediciones, coa que obtivo tres nomeamentos no Salón del Cómic de Barcelona. De novo xunto a Portela e Sergi Sanjulián publicaría en 1998 "Gorka", editada por Planeta de Agostini.

DAMAS DO TERROR
Antesala do Salón García

Alonxándose da explotación da violencia e centrándose en temas moito máis profundos como a feminidade e a humanidade, o cinema de terror está a experimentar un cambio grazas a varias realizadoras que enriquecen o xénero aportándolle unha nova profundidade. A través de diversos paneis, Curtas presenta ás creadoras e precursoras do xénero así como ás novas expoñentes desta revitalización do xénero en clave feminina e as súas obras máis importantes.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -