_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O 40% dos alumnos do obradoiro FORME 20 remataron a súa formación cun contrato laboral

O obradoiro de emprego FORME 20 licenciou hoxe aos alumnos que durante os últimos 9 meses estivéronse formando nas especialidades de “Carpintería e mobiliario urbano” e “Atención socio sanitaria a persoas dependentes no domicilio”. Como en edicións anteriores, o grao de inserción laboral acadado a través deste programa foi moi positivo (un 40%), posto que 8 dos alumnos rematan a formación cun contrato de traballo (6 do módulo de carpintería e 2 do de atención socio sanitaria a domicilio) e outros 2 aínda están pendentes de pasar sendas entrevistas, polo que a porcentaxe aínda podería incrementarse.
27.09.2021.- O alcalde, Alberto Varela, e o delegado territorial da Xunta, Luis Lopez, foron os encargados de clausurar o obradoiro nun acto no que, ademais dos alumnos e o equipo docente das dúas especialidades , tamén participaron a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Alba Briones, e a delegada provincial da Consellería.

Tanto o rexedor como o responsable autonómico felicitaron aos participantes por ter completado a formación dun xeito tan proveitoso, e aos que aínda non atoparon traballo animáronos a afrontar ese novo reto con gañas, “porque agora estades moito máis preparados e tendes unha certificación profesional que vos facilitará moito a empregabilidade”.

O delegado territorial tamén felicitou ao equipo docente polo bo traballo realizado, e aos responsables municipais “por ter presentado proxectos tan completos e interesantes, como o demostra o grao de inserción que están a ter”. López engadiu que a calidade dos proxectos que presenta o Concello de Vilagarcía é a razón pola que sempre contan co respaldo económico da Xunta de Galicia. De feito, a administración autonómica comunicou hai uns días comunicou a aprobación do novo obradoiro FORME para Vilagarcía, que neste ano 2021 impartirá as especialidades de “Atención sociosanitaria e teleasistencia” e de “Montaxe e mantemento de redes eléctricas e sistemas demóticos e inmóticos”. O proceso de selección do alumnado (10 alumnos para cada módulo) para este novo obradoiro xa está aberto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -