_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
O alcalde demandará ao conselleiro de Sanidade unha solución á falta de persoal do PAC de San Roque

As numerosas demandas realizadas polo persoal médico do PAC de San Roque aos diferentes responsables sanitarios do Sergas para que resolvan a precariedade laboral que padecen dende hai anos e que está a repercutir de forma negativa na calidade da prestación que reciben os pacientes seguen sen ser atendidas. Isto, unido ao agravamento da situación nos últimos meses, foi a causa de que os facultativos solicitasen a mediación do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, que onte recibiu a una representación do equipo médico do PAC na que o rexedor se comprometeu a solicitar unha reunión directa co conselleiro de Sanidade para tratar o asunto.
24.09.2021.- Os médicos explicáronlle ao alcalde que falta de persoal no servizo de urxencias do centro de saúde de Vilagarcía non é unha novidade. Arrástrase dende hai anos e xa foi denunciada en numerosas ocasións tanto polos pacientes como polo propio persoal que, en ausencia de respostas por parte dos organismos competentes, incluso chegaron a manifestarse. Os profesionais comentan que non se cobren as baixas nin se reforza o servizo cando está de vacacións parte do persoal, o que supón que os que quedan teñan que dobrar quendas. Unha circunstancia que ao ser continuada dende hai anos está desgastando gravemente aos médicos.

Segundo os datos proporcionados ao alcalde, a situación veuse agravada de xeito importante coa crise sanitaria, que incrementou o número de pacientes que recorren ás urxencias ao non ter a posibilidade de atención física inmediata na Atención Primaria. E máis aínda, a falta de persoal fíxose moito máis evidente nos últimos meses, coincidindo co aumento poboacional que sofre en verán Vilagarcía e a súa área de influencia (o PAC de San Roque da cobertura tamén a Catoira e Vilanova), onde o servizo quedou en precario (cun só médico dos 2 que deberían estar) 3 días e xuño, 4 días en xullo, 7 en agosto e 8 no que levamos de setembro, en moitas das ocasións as 24 horas do día.

E todo isto, complícase máis co traslado da ambulancia medicalizada de Vilagarcía a Sanxenxo durante a tempada de verán, o que provoca que o persoal teñan que facerse cargo tamén de urxencias fóra do PAC (accidentes, coidados paliativos, atencións domiciliarias…), deixando o servizo en precario ou, incluso desatendido si xa falta un dos dous médicos asignados por estar de baixa, de vacacións ou por ser trasladado puntualmente a outro centro, xa que, segundo afirman, en Vilagarcía non se cobren estas ausencias.

Os profesionais insisten en que o seu desexo é poder ofrecer unha atención sanitaria de calidade e con garantías para a poboación que se atopa ao seu cargo (máis de 52.000 persoas no caso do PAC de Vilagarcía), para io cal precisan contar co número de médicos que son necesarios, de xeito que poidan a aliviar a sobrecarga de traballo que lles está causando situacións de estrés e esgotamento físico, e evite a situación de risco para a vida e a saúde das persoas que atenden.

Un goberno reivindicativo en materia sanitaria

O goberno local de Vilagarcía leva tamén anos sumándose ás reivindicacións para mellorar a prestación sanitaria do Centro de Saúde e do PAC de San Roque, demandando tanto a construción de novas instalacións -algo para o que por fin se chegou a un acordo coa Xunta para facelo na antiga Comandancia da Mariña- como a dotación do persoal necesario. Tanto o alcalde como os concelleiros do grupo de goberno, e tamén o deputado socialista Julio Torrado, teñen participado nas concentracións que se realizaban ás portas do ambulatorio xunto co persoal sanitario.

Seguindo nesta liña, Varela Paz rexistrou hoxe mesmo a solicitude de entrevista co conselleiro de Sanidade para tratar a problemática da falta de médicos no PAC.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -