_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O Nadal chegará a Vilagarcía o 27 de novembro co prendido do alumeado ornamental

Vilagarcía xa ten data para a chegada do Nadal. Será a partir do 27 de novembro cando as rúas da cidade se impregnen do ambiente destas entrañables festas grazas ao prendido do alumeado navideño. As rúas dos centros urbanos de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán, os barrios da periferia, as avenidas de acceso, os centros culturais das parroquias, así como as principais prazas e xardíns contarán coa decoración lumínica que estará prendida entre ás seis da tarde e a unha da madrugada ata 7 de xaneiro.
21.09.2021.- Estas son algunhas das características detalladas nos pregos do contrato que se vén de sacar a licitación por importe de 95.000 euros (sumados impostos) e no que se inclúe tamén a iluminación decorativa para as festas de Santa Rita e San Roque de 2022, así como a montaxe de instalacións eléctricas e cadros para as casetas de feira e verbenas destas últimas celebracións. As empresas interesadas en presentar as súas propostas dispoñen de prazo para facelo ata ás 15 horas do día 6 de outubro.

A ambientación de Nadal en rúas e espazos públicos realizarase con arcos lumínicos, rótulos, adornos en farois e árbores de parques e xardíns, decoración de rotondas e de fachadas de edificios emblemáticos como a Casa Consistorial. Por suposto, instalaranse os tradicionais conos tridimensionais no centro de Vilagarcía, en Vilaxoán e en Carril. O da Praza de Galicia volverá a chegar aos 20 metros de alto por 7 de diámetro. En Carril e Vilaxoán tamén se decorarán ás árbores e se ampliará o número de rúas a decorar con arcos. Como o ano pasado, tamén haberá fotocolls con motivos navideños para que as persoas que o desexen poidan sacarse fotos coas que felicitar as festas dende Vilagarcía e se repetirá a proxección de frases desexando bo Nadal en lugares destacados mediante a utilización de gobos.

Seguindo a liña iniciada xa hai dous anos co obxectivo se potenciar a activación social e comercial, o Concello complementará a ambientación festiva con diversas iniciativas como a dos xardín efémeros que se crearán en diferentes zonas peonís con escenas típicas invernais e de Nadal, e tamén decorando espazos públicos con elementos creados exprofeso polos servizos municipais para a ocasión.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -