_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
PATRIMONIO
Os leóns de Ravella sométense a un tratamento de rexuvenecemento estético

Co obxectivo de borrar os estragos do paso do tempo, os dous leóns e as xerras que adornan os xardíns da fachada principal do Consistorio de Vilagarcía sométense a partir de hoxe a un tratamento de rexuvenecemento. Como si dunha operación de cirurxía estética se tratase, as labores contratadas á restauradora Iria López consistirán en limpar en profundidade a pedra dos catro elementos, selar pequenas fisuras e retocar a pedra naquelas zonas desgastadas. Deste xeito, ademais de facer que as pezas recuperen o seu antigo esplendor, tamén se garante a súa correcta conservación.
20.09.2021.- Nunha primeira fase, os leóns e as xerras fumíganse cun produto que facilita a limpeza e a extracción de fungos e líquens adheridos e que, ademais actúa con efectos preventivos. Tras deixalo actuar un día, procederase ao cepillado da pedra para retirar todos os restos do verdín e, xa nunha segunda fase, procederase ao selado de fendas e a corrixir outras imperfeccións causadas polo paso do tempo e á exposición á intemperie.

Esta medida forma parte das actuacións que o Concello de Vilagarcía leva a cabo para recuperar, manter e conservar o patrimonio artístico e histórico da vila e que, dentro deste mesmo paquete, incluirá tamén a restauración da fonte da Praza de Rafael Pazos de Vilaxoán. Por tratarse de elementos incluídos no Catálogo de Bens Municipais e contar coa correspondente protección, os proxectos a realizar foron autorizados pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -