_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Un clásico de Skakespeare e o xénero musical maridan en “Dreaming Juliet”, o título teatral para outubro no Auditorio

A Concellería de Cultura de Vilagarcía vén de abrir a venta das entradas para o segundo espectáculo da tempada teatral de outono: a obra de teatro musical “Dreaming Juliet” que a compañía Elefante Elegante porá en escena no Auditorio Municipal o sábado 2 de outubro ás 20.00 horas. As entradas para a representación, incluída na programación conveniada entre Concello e AGADIC, véndense a 5 euros, cun prezo reducido a 3 euros para o colectivo de maiores de 65 anos, titulares do Carné Xoven e desempregados.
18.09.2021.- “Dreaming Juliet” inspírase no "Romeo e Xulieta" de Willian Shakespeare co obxectivo de abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor. A peza do dramaturgo inglés, un referente universal da literatura clásica, relata o drama vivido por Romeo e Julieta, dous amantes cuxa relación, impedida polo confrontamento entre as súas respectivas familias, remata nun tráxico final: a morte dos protagonistas.

O espectáculo Elefante Elegante dálle unha vola á historia para crear un novo final no que os amantes, en lugar de morrer, acaban xuntos e crean unha familia. “Dreaming Juliet” especula sobre o que lle podería acontecer á parella máis famosa da literatura si o principal obstáculo a súa relación non fose a oposición das súas familias, senón ter que enfrontarse a rutina do mundo contemporáneo. Como envellecería Romeo? Cales serían os soños de Julieta? Que lugar nas súas vidas permanecería dispoñible para o amor? Todas estas preguntas atopan unha posible resposta na montaxe na que o xénero musical marida en perfecto equilibrio co teatral.

Os billetes pódense adquirir en ataquilla.com e o teléfono 902 504 500 (máis custes de xestión). O aforo é de 370 prazas. De quedar entradas, tamén na billeteira do Auditorio dende dúas horas antes do inicio da función.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -