_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Concello e Porto selan un acordo histórico para liberalizar a fachada marítima e destinar o Ramal ao uso e desfrute da cidadanía

O peirao do Ramal e as zonas anexas converteranse nunha gran zona de esparexemento para o desfrute público dos cidadáns grazas ao acordo acadado polo Concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria e que fixeron público esta mañá o alcalde, Alberto Varela, e o presidente da rada, José Manuel Cores Tourís. Despois de que o pasado 30 de xullo se anunciase o acordo entre estas dúas administracións e a Consellería de Sanidade para construír o novo centro de saúde no solar da Comandancia, o rexedor congratulouse de poder cumprir tamén coa segunda reivindicación histórica dos vilagarciáns: abrir a cidade ao mar e recuperar para o uso público o peirao do Ramal, unha parte estratéxica da fachada marítima da nosa cidade.
10.09.2021.- A consecución destes dous acordos, que o rexedor cualificou como “históricos e transcendentais para Vilagarcía”, chega despois de seis meses de intensas negociacións nas que, tanto o Concello como o Porto, tiveron que ceder respecto as súas posicións iniciais. Segundo explicou o alcalde, “sempre atendendo ao interese xeral, atopamos un punto de encontro no que todos saímos gañando, especialmente Vilagarcía e os vilagarciáns”.

Cores Tourís afondou nesta idea ao expoñer que o que é bo para o Porto de Vilagarcía é bo para o Concello e viceversa e, polo tanto, tamén para Vilagarcía e para a comarca na que se asentan moitas das empresas que traballan directa ou indirectamente coa rada.

O acordo relativo aos terreos portuarios do Ramal consiste en que o Concello adquire por importe de 1.886.120 euros os 6.830 metros cadrados de superficie que ten a parcela enmarcada entre o inicio do peirao e a rotonda da Avenida Rosalía de Castro. Trátase dos terreos ocupados actualmente polo párking e a zona anexa nos que o Porto pretendía construír un hotel. A compra destes terreos por parte do Concello, impedirá levantar novos obstáculos fronte ao mar e permitirá unir mediante un corredor verde o Parque Miguel Hernández coa praia da Concha.

O pago desta adquisición realizarase este mesmo ano grazas ao superávit que o Concello obtivo nas contas de 2020, para o cal se realizará o preceptivo cambio de finalidade dos fondos a través do acordo plenario que se adoptará na sesión prevista para finais deste mesmo mes de setembro. Debido aos trámites que teñen que cumprir ámbalas dúas administracións, a previsión que se manexa é que a compra estea materializada antes de fin de ano.

Pero o acordo vai moito máis alá da compra desa parcela, posto que o Concello consegue tamén un dos máis ansiados obxectivos para a cidade: liberalizar o peirao do Ramal, onde se creará unha gran zona de esparexemento para o desfrute da cidadanía. Ademais, o Concello logra que a Autoridade Portuaria lle ceda o uso de 11.500 metros cadrados de superficie do peirao, xa que a restante será utilizada polo Porto para construír a estación marítima e o centro de recepción de pasaxeiros de cruceiros turísticos, un proxecto que tamén repercutirá de forma positiva no sector turístico e na economía local da cidade.
Ao compartir o uso do peirao, Concello e Porto coordinarán e consensuarán a forma que se lle dará á gran zona de esparexemento na que se converterá o peirao do Ramal, de xeito que ofreza unha imaxe atractiva e harmoniosa, acorde co entorno privilexiado no que se atopa, e que serva de carta de presentación da cidade.

En relación ao primeiro acordo, o relativo á compra do solar de case 5.000 metros cadrados da antiga Comandancia para que Sanidade constrúa nel o novo centro de saúde, Varela explicou que os 1.157.406 euros a pagar polo Concello non terán que ser aboados ata o momento en que se complete a desafectación dos terreos por parte da Autoridade Portuaria, un trámite que, ao requirir informes de varios departamentos do Estado, non se completará de forma inminente. Así a todo, o rexedor apuntou que se farán xestións ante os organismos competentes para tratar de axilizar ao máximo os trámites co obxectivo de que os vilagarciáns poidan dispoñer canto antes do novo e necesario centro de saúde que a Consellería tamén se comprometeu a construír na parcela.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2021  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -