_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EMPREGO
Os socorristas do obradoiro Labora Xove 20 desenvolven as prácticas nas praias no municipio

Os alumnos da especialidade: Socorrismo acuático e goberno de embarcacións de salvamento do Programa de emprego “LABORA XOVE 2020”, Subvencionado polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, estiveron desenvolvendo as prácticas formativas nas praias Concha-Compostela e Campanario durante os meses de xullo e agosto, completando así o programa formativo deseñado para este plan de mellora da empregabilidade da poboación moza.
30.08.2021.- De forma complementaria á formación teórica que reciben os alumnos no obradoiro, e as prácticas realizadas en inverno na piscina municipal, durante o verán os traballos de campo desenvolvidos nas praias consistiron en tarefas de:

- Coñecemento das praias e a súa contorna avaliando e analizando os perigos que poideran darse nelas.
- Comprobación diaria do estado dos materiais de uso para labores de socorrismo (Botiquín, DESA,…).
- Aprendizaxe e uso de elementos de comunicación interna entre socorristas para a prevención de accidentes, así como simulacros de comunicación externa.
- Coñecemento e realización de prácticas dos distintos protocolos de actuación en praias: rescate,comunicación, primeiros auxilios e Información.
- Vixilancia desde as torres, base central, realizando patrullas polo areal e rondas de vixilancia en lancha neumática e táboa de rescate.
- Execución de técnicas de nado específicas para os posibles rescates, saltos desde embarcación e simulacros de rescate de posibles afogamentos con eficacia e seguridade.
- Informativas cos usuarios das praias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2021  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -