_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello mellora a protección contra o lume no polígono de Trabanca con 9 novas bocas de incendios

O Concello de Vilagarcía continúa implementando as infraestruturas e mellorando os servizos dos parques empresariais do municipio coa realización de novas obras. A seguinte actuación levarase a cabo no polígono de Trabanca Badiña e consistirá en ampliar os medios para a loita contra incendios mediante a instalación de 9 novos hidrantes que complementarán aos 3 xa existentes. A obra foi adxudicada esta mañá pola Xunta Local de Goberno á empresa Seguridad Mar, S.L. por importe de 11.149 euros.
31.08.2021.- A instalación destas novas bocas de incendios reponde a unha necesidade obxectiva posto que as 3 existentes na actualidade resultan insuficientes para cubrir as necesidades do parque empresarial que ten 70.000 metros cadrados de superficie e no que están instaladas 30 firmas, das cales, 4 presentan un risco medio de incendio e unha un risco alto.

Para cubrir toda a superficie do parque empresarial do xeito máis eficaz, os novos hidrantes distribuiranse por diferentes zonas e irán soterrados nas beirarrúas para non entorpecer a accesibilidade. Terán un caudal mínimo ininterrompido de 500 litros por minuto e unha presión de 5 quilos por metro cadrado. Alomenos un dos hidrantes terá unha boca de saída de 100 milímetros.

Para financiar esta obra, o Concello conta cunha subvención autonómica para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais de Galicia. Tamén a través desta liña se acometeu a anterior mellora proxectada polo Concello no parque de Trabanca Badiña: a recente reordenación da circulación interna do polígono a efectos de gañar fluidez e conseguir novas prazas de aparcamento e zonas de carga e descarga. Nesta obra investíronse 16.670 euros.

Estas medidas, proxectadas a través da colaboración das concellerías de Promoción Económica e de Obras e Servizos, enmárcanse no plan de mellora das zonas empresariais que está desenvolvendo o Concello para facilitar a actividade das empresas de Vilagarcía e contribuír a elevar a súa competitividade no ámbito que lle corresponde á administración pública municipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -