_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO RURAL
O Concello avalía 17 ofertas para executar o acondicionamento do camiño de Santa Mariña

Os servizos técnicos do Concello de Vilagarcía están avaliando as 17 ofertas que se presentaron ao concurso para a adxudicación da obra de acondicionamento do camiño de Santa Mariña, actuación licitada por importe de 109.498 euros. A obra, incluída no Plan Municipal de Mellora de Camiños Rurais permitirá converter nunha vía asfaltada o que hoxe é un camiño de terra moi deteriorado polas escorrentías de augas que baixan do monte. A actuación tamén mellorará a seguridade viaria dos veciños que o transitan con vehículos e maquinaria agrícola para traballar as explotacións existentes na zona e permitirá acceder facilmente aos pozos de captación de augas do Concello.
24.08.2021.- A actuación afectará a un tramo de 640 metros de lonxitude da vía, que ademais se ampliará ata completar unha plataforma de 6 metros de ancho. O camiño atópase moi deteriorado, xa que as escorrentías da auga que baixa con forza das pendentes do monte Lobeira, producen arrastres de terra e pedras e crean surcos e grandes fochas que dificultan o tránsito, tanto para peóns como para os vehículos. Para resolver este problema, a primeira actuación prevista no proxecto é a instalación dun sistema de recollida e condución das augas pluviais mediante a construción dunha gabia triangular de formigón para canalizar as augas superficiais ata o regato de Santa Mariña, que discorre polas inmediacións.

As obras complétanse coa preparación do camiño mediante labores de desbroce, nivelación, compactación e apertura de cuneta. A continuación estenderase unha capa de zahorra para proceder despois á pavimentación da capa de rodadura mediante extensión de mestura bituminosa en quente.

Os traballos teñen un prazo de execución de 2 meses.

O Concello só terá que aportar para esta obra 66.611 euros, xa que o resto do importe do presuposto finánciase cunha achega de 42.887 concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -