_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello incrementa a contía das axudas municipais de inclusión social, que tamén se abren a maior número de persoas

A Corporación Municipal de Vilagarcía abordará na sesión plenaria de agosto as novas bases que regularán a concesión das Axudas Municipais de Inserción Social (AMIS). A actualización do documento en vigor suporá un incremento da contía dos distintos tipos de axudas que conceden os Servizos Sociais do Concello e tamén a posibilidade de que poidan acceder a elas un maior número de persoas, ao incluírse situacións e tipoloxías de unidades familiares non recollidas nas normas actualmente en vigor.
19.08.2021.- Esta ampliación da cobertura das AMIS vai na liña das políticas sociais que o executivo socialista está a desenvolver dende que goberna en Ravella e que se ten traducido no incremento dun 67% dos orzamentos dedicados aos Servizos Sociais municipais, pasando do 1,5 millóns de euros do ano 2015 ao 2.5 millóns de 2021.

A revisión das bases reguladoras das AMIS é un procedemento que Servizos Sociais leva a cabo de forma periódica cada certo tempo co obxectivo de ir adaptando as mesmas á situación económica e os cambios sociais que se van producindo e, con elo, dar resposta e cobertura dun xeito máis eficaz e rápido ás necesidades das persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión. Nesta ocasión, a actualización serve tamén para recoller as novas necesidades detectadas polos Servizos Sociais Municipais dende o estalido da pandemia.

O obxecto destas bases, ademais de regular o procedemento de concesión das axudas e prever todo tipo de situacións, é potenciar a transparencia, a eficiencia e a eficacia dos fondos públicos.

Por iso, entre as novidades introducidas recóllese a tarxeta pre-pago que xa se ven utilizando dende hai uns meses para axilizar a concesión das axudas, principalmente alimenticias, e proporcionar a necesaria privacidade dos beneficiarios que poden pagar as compras como cunha tarxeta bancaria calquera, sen necesidade de que se coñeza a súa situación.
Tamén se inclúen como posibles beneficiarios familias de especial consideración, unidades familiares de convivencia independente e outras situacións particulares que antes non estaban recollidas por non quedar definidas no marco de persoas ou unidades familiares convencionais.

Complemento aos programas de intervención social

As Axudas Municipais de Inclusión Social forman parte do Programa de Inserción Social do Concello a través do cal, ademais destas xudas, desenvólvense outro tipo de medidas para garantir os mínimos de subsistencia e reforzar os procesos de integración familiar e inclusión social, como son os distintos proxectos de intervención social que se traballan con usuarios de forma individual ou colectiva. En moitos casos, as axudas económicas son complementarias a estes programas de intervención.

As bases aplicaranse tanto ás axudas de inclusión social de carácter ordinario como as de emerxencia social, e sempre tendo como destinatarias ás persoas ou familias residentes en Vilagarcía que se atopen en situación acreditada de vulnerabilidade, risco ou exclusión social.
As axudas poden darse como prestación económica ou en especias (alimentos, material hixiénico-sanitario…). En calquera caso, concédense para axudar a afrontar gastos de primeira necesidade como alimentación, axudas á lactación, vivenda (aluguer, desafiuzamento, hipoteca, gas, luz…), aloxamento, habitabilidade da vivenda, hixiene, atención sanitaria non cuberta polo sistema público, gastos farmacéuticos, desprazamentos de urxencia, gastos funerarios…

Para a concesión das axudas, os solicitantes deberán acreditar a súa situación económica e as contías das mesmas establécese en base á criterios como a necesidade concreta a asumir, o nivel de ingresos da persoa ou unidade familiar, o número de membros da unidade familiar, etc…

As bases elévanse ao Pleno que se celebra o xoves 26 de agosto, para a súa aprobación inicial. Tras isto, o documento deberá publicarse no BOP e abrirase un prazo de exposición pública.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2021  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -