_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
A inscrición para as travesías en galeón ábrese o día 4 a través de ataquilla.com

A concellería de Medio Ambiente abre o mércores, 4 de agosto, o prazo de inscrición no programa de rutas turísticas a bordo do galeón "Illa de Cortegada" que o Concello de Vilagarcía organiza en colaboración coa asociación cultural "Rompetimóns". Nesta nova edición realizaranse 18 travesías durante as fins de semana dos meses de agosto e setembro, pudendo participar 9 persoas en cada unha delas. A asistencia é de balde previa inscrición que se poderá realizar a partir do día sinalado a través da plataforma http://www.ataquilla.com .
31.07.2021.- As travesías turísticas deste verán realizaranse durante as fins de semana (venres, sábado e domingo) de agosto (días 13, 14, 15, 27, 28 e 29) e de setembro (4 e 5), quedando pendente unha data por pechar. En total realizaranse 18 viaxes, con dúas sesións en cada xornada con saídas dende o peirao de pasaxeiros de Vilagarcía ás 16 e ás 18 horas.

Segundo as bases deste programa, unha mesma persoa non poderä participar en máis dunha travesía, e en cada inscrición so poderán anotarse ata un máximo de 4 persoas.

O programa das viaxes turísticas no galeón desenvólvese dende o ano 2012 como un medio de promocionar a cultura tradicional mariñeira a través dunha actividade turística e de contido medioambiental. De feito, ademais da experiencia da navegación a vela nunha embarcación tradicional como as que existían hai un século en Arousa, as travesías permiten coñecer a Ría; as actividades produtivas sostibles que se realizan nela, como o cultivo da ameixa; gozar da paisaxe marítima e tamén bordear Cortegada e As Malveiras, territorios insulares pertencentes ao parque nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -