_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello aproveitará o verán para mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria na Rúa Xunqueira

O Concello de Vilagarcía aproveitará as vacacións escolares para mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria na Rúa Xunqueira, acceso principal aos colexios A Lomba, Arealonga e Vagalume. A actuación comezará co retranqueo do muro do recinto escolar, obra adxudicada esta mañá pola Xunta de Goberno, que permitirá gañar 2 metros para ensanchar a estreita rúa que durante o curso transitan cada día centos de escolares que acoden a pé e que teñen que convivir nun espazo moi reducido e sen protección co paso do transporte escolar e de numerosos vehículos particulares.
26.07.2021.- O Concello destina 41.258 euros dos fondos correspondentes ao POS 2020 a financiar a obra contratada a COVSA. Para poder acometer a actuación foi preciso obter previamente a aprobación dos consellos escolares dos colexios Arealonga e A Lomba, e tamén da Consellería de Educación, que autorizou a cesión da franxa de terreo de 2 metros ao longo de toda a Rúa Xunqueira. A medida non afectará apenas aos colexios, que seguirán contando cun extenso patio para o esparexemento dos escolares. Pola contra, resultará moi positiva xa que permitirá dotar á vía de maior seguridade ao dispor de máis espazo para que os peóns transiten sen ter que invadir parte do carril de circulación rodada.

A actuación promovida pola Concellería de Mobilidade axilizarase ao máximo para tratar de que estea rematada para cando se inicie o curso escolar, ou que estea o suficientemente adiantada como para non interferir na actividade dos centros.

O retranqueo do muro será o primeiro paso dunha actuación máis ambiciosa de reforma integral da Rua Xunqueira que se levará a cabo nunha segunda fase a través do proxecto dos Camiños escolares seguros para o que o Concello solicitou financiamento a través do Plan Moves.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -