_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Os colexios de Rubiáns e a Lomba e a comunidade educativa de Vilaxoán gañan o XV Premio para a Igualdade

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía entrega o luns os Premios de Igualdade de Xénero: Boas prácticas na escola que nesta de´cimo quinta edición recaeron nos proxectos presentados polos colexios de Rubiáns e da Lomba e pola comunidade educativa do de Vilaxoán. Oito boas prácticas concorreron este ano ao certame que ten coma obxectivo promocionar a educación en igualdade entre nenos e nenas e máis á erradicación da violencia de xénero dentro do ámbito educativo do municipio. Cada un dos gañadores recibirá un cheque de 500 euros e un diploma acreditativo.
19.06.2021.- O Premio de Igualdade na Escola segue a liña de actuación que dende hai anos se leva a cabo dende a Área de Igualade: a de traballar conxuntamente cos centros educativos do municipios no fomento da sensibilización da igualdade de xénero e na prevención das violencias machistas. Esta iniciativa enmárcase no III Plan de Igualdade do Concello, en concreto na liña 3 referente ao "Cambio de valores e modelos para a igualdade" que ten como obxectivo potenciar a coeducación e a educación en igualdade a través de accións formativas, de difusión e de sensibilización.


Os oito proxectos presentados este ano ao certame foron os realizados polo CEIP A Lomba, a Escola Oficial de Idiomas, a comunidade educativa do CEIP Vilaxoán, o CEIP Plurilingüe Rubiáns e o CEIP A Escardia.

- "Mulleres referentes nas nosas vidas" da comunidade educativa Vilaxoán.

Ten como obxectivo desenvolver prácticas educativas que identifiquen estereotipos machistas e sexistas, de xeito que favorezan a igualdade de oportunidades entre ambos sexos aceptando as diferenzas e así favorecer a tolerancia e o respecto. A través dun proxecto de deseño de bandas, con traballo coa escola de nais e pais, a radio escolar e a pizarra das emocións desenvolveron xogos de rol, utilizaron a música e o empréstamo de libros e outras actividades como contacontos, concursos entre o alumnado de superheroínas, e traballos sobre mulleres científicas e mulleres cercanas a nós.

- "Activistas en acción" do CEIP Plurilingüe Rubiáns.

Ten como obxectivo a visibilización e a posta en valor da participación das mulleres como pezas fundamentais no desenvolvemento da sociedade, tanto no seu papel político coma social, artístico, científico e cultural a través da observación do papel da muller no coidado do medio ambiente e na sociedade na que vive.
A boa práctica estruturouse través de actividades como a conmemoración do día da muller e a ciencia, participando en videoconferencias sobre "ciencia en feminino", do Faro de Vigo. Entre elas, a de María Lorenzo Rial sobre a Sustentabilidade en feminino, que pretende achegar o coñecemento dos océanos aos centros educativos; e tamén, dentro do programa A maleta dos océanos da axenda 2030 a de "Mulleres na mar" que levou por título "Que podes facer ti polo planeta" e que impartiu a mestra Miriam Leirós, unha cabeza visible en España do movemento Teachers for future. Ademais, realizáronse obradoiros de libros feministas e obradoiro girlsgonna, da Fundación española para a ciencia e a tecnoloxía, entre outras actividades.

- "A muller da túa vida" do CEIP A Lomba.

Ten como obxectivo concienciar ao alumnado na igualdade de xénero, por varias vías e actividades e a través da convivencia cotiá, fomentando o respecto e a visibilización do papel da muller, resaltando a súa influencia e importancia na sociedade, como unha cuestión de dereitos humanos.
Traballando de maneira transversal a través de diferentes materias e actividades fixas do curso, coma o entroido ou a plática, e con proxectos como muller e ciencia, o día da diversidade funcional, o día do libro, día internacional contra a violencia de xénero...

Cada un dos proxectos gañadores levará un premio de 500 euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -