_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Ildefonso Falcones, María Oruña, Nacho Carretero e Domingo Villar, no Cartel do “Vilagarcía, Cidade De Libro”

O Concello de Vilagarcía dou a coñecer este mediodía os nomes dos autores que conforman o cartel de “Vilagarcía, Cidade de Libro” que se desenvolverá na capital arousá do 21 ao 27 de xuño. 18 escritores do ámbito nacional, galego e local xa teñen confirmada a súa participación no evento literario que na súa primeira edición está dedicada á literatura ligada á tradición Xacobea. Grandes firmas da talla de Jorge Molist, María, Oruña, Ildefonso Falcones, e Domingo Villar; xunto con autores números un nas lista de ventas, como Manuel Loureiro, Nacho Carretero e Pedro Feijoo; e outros tan recoñecidos como Marilar Aleixandre, Ledicia Costas, Nieves Abarcaou Paula Carballeira estarán presentes nesta gran cita literaria.
11.06.2021.-“Vilagarcía, de Libro” reinventa e reinterpreta o tradicional formato da feira de libro para crear un orixinal proxecto no que, ademais das tradicionais casetas das editoriais, as presentacións e as firmas de libros por parte dos autores, contará cun amplo programa de actividades dirixidas a todos os públicos e a todas as idades, todas elas relacionadas co mundo da literatura e da animación á lectura. Encontros entre escritores nos que o público poderá ter contacto directo cos autores das súas obras favoritas, roteiros literarios guiados polos propios escritores, scape rooms, obradoiros, contacontos, exposicións... teñen cabida no “Vilagarcía, Cidade de Libro”.

Sempre que o tempo o permita, todas as actividades celebraranse ao aire libre e serán gratuítas con entrada libre ata completar aforo (en cumprimento dos protocolos covid), coa excepción dos roteiros literarios para os que será preciso inscribirse previamente.
O programa completo do cronograma diario de actividades publicarase a semana que vén.

Plan de Promoción e Reactivación Económica
O evento deseñado e organizado polo Concello de Vilagarcía a través da colaboración de diferentes concellerías enmárcase no Plan de Promoción e Reactivación Económica deseñado polo Concello, xa que ás vertentes cultural e educativa que sempre ten un evento relacionado coa literatura e as letras, súmanse ás económicas e turísticas, ao aproveitar todos os recursos en torno á creación literaria e aos seus creadores como un elemento para dinamizar a actividade en Vilagarcía e promocionar a imaxe da cidade no exterior.

Como e todas as políticas que se levan a cabo dende o Concello, o evento presta tamén especial atención ao talento local, ao reservar un espazo propio para divulgar e promocionar a autores locais, neste caso a Carlos Meixide, autor de “Camiño de paixóns”, primeiro premio de novela “Camiño de Santiago”; Marcos Calveiro, autor de “O xardineiro dos ingleses”, Premio García Barrios 2017; Montse Fajardo, “Invisibles”, e Manuel Oubiña Losada, que asina “O misterio da illa de Cortegada”.

Ilustradores e guionistas

A ilustración de obras literarias tamén estará ben representada no evento ao contar entre os seus participantes con Kiko Dasilva e Migueanxo Prado; ao igual que a literatura levada ao cine, con guionistas da talla de Elio Quiroga.


O evento dedicará cada unha das sete xornadas a unha temática diferente. Abrirase o luns, 21 co apartado dedicado á literatura Xacobea, que conta co patrocinio da Consellería de Cultura a través do Xacobeo, e que tamén servirá para promocionar a Ruta Marítimo Fluvial Xacobea, a que seguiron os restos do Apóstolo ata o seu depósito en Compostela e que é a Orixe de todos os Camiños. O programa irá avanzando ao longo da semana con temas como O papel da muller na literatura, Novela Histórica, Cine e literatura, Fantasía e ciencia ficción, Novela Negra e Literatura infantil e xuvenil.


Posicionar a marca Vilagarcía no eido da literatura e o turismo cultural

“Vilagarcía, Cidade de Libro” enmárcase na liña de traballo que o goberno local mantén dende os inicios co obxectivo de elevar e posicionar a marca Vilagarcía. “Queremos que a nosa cidade se coñeza en toda Galicia e fora dela por cousas positivas, de calidade, que nos fagan sentir orgullosos da nosa cidade e que nos axuden a promocionala en positivo”, expuxo o alcalde, Alberto Varela.

O rexedor comentou que con esa filosofía naceron o Clasclás, o Festival de Curtas e o Festaclown; o Ágora Vermú e o Achégate ao Salón, que recuperaremos cando se calme isto da covid; e tamén novas accións derivadas desta situación, como o máis recente EspaVila!

“E agora damos o salto ao mundo literario. E facémolo dun xeito transversal, dende o plano cultural, pero tamén lúdico, promocional, turístico, educativo. Trátase dun proxecto orixinal, diverso e moi atractivo. Non o digo eu, o di o feito de que autores que son best seller e que contan cos premios literarios de maior prestixio no noso país teñan accedido a vir a Vilagarcía. Por algo será”, sentenciou Alberto Varela.

Autores confirmados:

Jorge Molist, Idelfonso Falcones, María Oruña , Domingo Villar, Manuel Loureiro, Nacho Carretero, Pedro Feijoo, Ledicia Costas, Nieves Abarca, Marilar Aleixandre, Manuel Gago Mariño, Paula Carballeira, Carlos Meixide, Marcos Calveiro, Manuel Oubiña Losada, Montse Fajardo, Arantxa Portabales, Elio Quiroga e os ilustradores Kiko Dasilva e Miguel Anxo Prado.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -