_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura informa aos usuarios sobre o sistema de reserva de entradas para os actos de Santa Rita

A Concellería de Cultura habilita este mércores no Auditorio un punto de información sobre o uso da plataforma woutick.es, a través da que se debe facer a reserva de entradas para asistir aos actos das festas de Santa Rita. Aínda que a asistencia é de balde para todas as actividades organizadas pola Concellería, a situación sanitaria implica a limitación e control de aforos, así como a identificación de todos os asistentes, razón pola cal os asistentes deben reservar previamente entrada a través desta plataforma.
17.05.2021.- Ante a posibilidade de que algunhas persoas atopen dificultade para facer a reserva, especialmente as de maior idade ou non habituadas a utilizar este tipo de plataformas, persoal da Concellería atenderá as súas consultas o mércores na zona de conserxería do Auditorio en horario in interrompido de 8 da mañá ás 10 da noite. Explicaráselles os pasos a realizar a través de woutick.es, pero non se lles realizará a reserva directamente, debido ás normas de protección de datos. Un dato a ter en conta é que para reservar as entradas é necesario contar cunha conta de correo electrónico.

Programa e aforo de limitado a 210

As festas de Santa Rita ábrense o venres 21 de maio co concerto no Auditorio da Banda de Cámara Arousa. O xove músico vilagarcián, Xoel Padín presentará o sábadoa mediodia o seu primeiro disco”Aughas Mortas”,na Praza da II República, onde pola noite actuará a intérprete galega Silvia Penide, gañadora do segundo premio Martín Códax. O domingo, no mesmo escenario terá lugar o V Encontro Folclórico Santa Rita, no que actuarán os grupos de gaitas e baile Mar de Arousa, de Bamio; Nós, de Sobradelo; O Souto, de Rubiáns; e Embruxo de Guillán.

Como xa se fixera nas festas de San Roque, o recinto dos concertos estará acotado e as 210 prazas dispoñibles serán para público sentado e distanciado entre si, que deberá usar máscara obrigatoriamente, ter reservada praza e chegar con antelación suficiente para ser acomodados sen aglomeracións. As localidades que non se ocupen ao inicio do espectáculo abriranse para as persoas que se atopen na zona.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -