_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Unha rapaza de 14 anos gaña un dos tres premios da Maratón Fotográfica pola Igualdade

A XIII Maratón Fotográfica que cada ano organiza a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía no marco dos actos conmemorativos do 8M, Día Internacional da Muller, xa ten gañadores. Os tres premiados son tres veciños da comarca, Olaya Paulos Rey, de Vilagarcía, José Ramón Miguéns Calvo, de Vilanova, e a arousá Daniela Nogueira Rodríguez, unha moza de tan so 14 anos. A corta idade desta premiada, así como a presenza entre os concursantes de xente cada vez máis nova, demostra que o certame está a chegar a este colectivo de persoas, acadando así un dos seus obxectivos principais: fomentar a conciencia social e educar en criterios de igualdade e corresponsabilidade dende a mesma base da sociedade, a xente máis nova, os que construirán a sociedade do mañá.
30.03.2021.- A XII edición da Maratón Fotográfica celebrouse o pasado 6 de marzo. Este ano tivo como novidade imposta pola pandemia, que se tratou dun certame non presencial, polo que os concursantes participaron dende os seus respectivos lugares de residencia, coordinados a través dos sistemas telemáticos. Esta circunstancia propiciou a participación dunha persoa dende Valencia, as que se sumaron outras 32 máis procedentes de diversos municipios a comarca e de outros lugares de Galicia, como Santiago, Marín, Soutomaior. Entre os 33 participantes houbo 8 menores, a máis pequena, unha nena de 12 anos.

Como é habitual, os participantes coñeceron o mesmo día do certame os tres temas que tiñan que ilustrar ao longo da xornada. O xurado elixiu unha fotografía como gañadora de cada apartado. Así, o fallo foi:

Tema: Ecofeminismos: "Coida á naturaleza e estarás coidándote a ti mesma", de Olaya Paulos Rey.
Tema: Empoderamento: "O paso do tempo fainas máis fortes", de José Ramón Miguéns Calvo.
Tema: Neomachismos: "Quero sentirme libre", de Daniela Nogueira Rodríguez

Cada un dos galardoados recibirá 200 euros de premio. A entrega dos cheques e os diplomas terá lugar mañá, ás 13:00 horas na sala de exposicións do Auditorio, no transcurso da inauguración da exposición cos todas as fotos participantes no certame deste ano. A diferenza de edicións anteriores, e para manter as restricións sanitarias de aforo, ao acto so acudirán os premiados.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -