_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MEDIO RURAL
Rematada a obra de mellora de accesibilidade e seguridade viaria na rúa Xiabre

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, visitou esta mañá a Rúa Xiabre co obxecto de comprobar o acabado das obras de mellora de accesibilidade e seguridade viaria que o Concello vén de rematar no marco do Plan municipal de mellora de camiños rurais. O rexedor estivo acompañado polos concelleiros de Medio Rural, Lino Mouriño, e Medio Ambiente, Diego García, e pola edil de Cultura, Sonia Outón. Tamén participaron na visita representantes das comunidades de montes de Trabanca Sardiñeira e Bamio.
20.03.2021.- Varela lembrou que a realización desta obra supuxo un investimento de 107. 511 euros e que, a súa execución, mellora considerablemente as condicións de uso da vía nun tramo dunha lonxitude aproximada de 1 quilómetro. A actuación comezou a altura do cruce coa Rúa Loureiro, en Trabanca Sardiñeira, e chega ata a Rúa O Monte, xa en Bamio.

A obra, levada a cabo por Construcciones Ponciano Nieto, consistíu en ensanchar a plataforma da vía, para o cal o Concello contou coa colaboración das comunidades de montes de Trabanca Sardiñeira e de Bamio e dalgúns particulares, que cederon as franxas de terreo precisas. A todos eles o alcalde agradeceu a colaboración prestada para poder levar a cabo esta mellora.

A vía, pola que antes os vehículos tiñan que saírse cando se cruzaban con outro coche en sentido contrario para permitir o paso, agora conta con dous completos carrís de circulación que garanten a condución segura. Ademais, representante dos comuneiros de Bamio sinalou que se abriu unha curva que antes resultaba moi perigosa e se desfixo un pescozo de botella que formaban dúas casa xa chegando a Bamio.

Ademais do ensanche, a obra mellorou os accesos as propiedades agrícolas e industriais que se asentan a carón da Rúa Xiabre e mellorou o estado da calzada que antes se atopaba chea de fochas e fendas. Os traballos completáronse co pintado da sinalización horizontal e a creación de lombos como medida de calmado do tráfico.

O alcalde explicou que xunto coa actuación da Rúa Xiabre, o Concello leva actuado nos últimos dous anos a través do Plan municipal de mellora de camiños rurais en 30 camiños cun investimento acumulado de 370.000 euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2021  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -