_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
INFRAESTRUTURAS
Comezan as obras de reparación da terraza do auditorio, cun importe de case 200.000 euros

A empresa compostelá CYS Hispania, SL comezará a instalar este luns os valados que delimitarán as obras de reforma da terraza do auditorio. Mentres duren as actuacións, aproximadamente dous meses, a construtora e o concello garantirán o acceso seguro á instalación cultural, que, como se sabe, ademais do auditorio propiamente dito, acolle tamén o conservatorio, os locais de ensaio, unha sala de conferencias, outra de exposicións, varios seminarios e as oficinas da Concellería de Cultura. O presuposto é de 192.000 euros.
15.03.2021. A obra xa fóra adxudicada a finais de setembro, pero diversas circunstancias, entre elas a crise sanitaria e o mal tempo, aconsellaron retrasar o inicio ata agora. O proxecto ten por finalidade atallar os problemas do asentamento do solado de granito, que derivaron no deterioro de moitas lousas e, con iso, tropezos dos viandantes e humidades nos baixos do auditorio, onde se atopan servizos municipais como Electricidade ou Xardíns.

A obra está financiada a través do Plan Concellos da Deputación. Basicamente, consistirá en levantar todo o solado para illar a base mediante impermeabilización con material xeotextil e unha segunda lámina de illamento termoreflexivo de trece capas. Despois, se colocará un novo sistema de pilotaxe sobre o que asentan as lousas. Para evitar os problemas anteriores, os pivotes irán pegados, evitando así que se movan, e ademais se incrementará o seu número, de xeito que haberá unha mellor distribución da carga.

Como melloras na adxudicación, a empresa, ademais de incrementar o illamento, tamén ampliará en case tres metros a actual rampla, mellorando con iso a accesibilidade, e substituirá a varanda de ferro pintado por outra de aceiro inoxidable especialmente deseñada para soportar o ambiente mariño.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2021  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -