_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O Concello deseña unha programación centrada nos coidados para celebrar o Día Internacional da Muller

Cunha especial incidencia na importancia dos coidados, a Concellería de Igualdade puxo en marcha unha programación especial para celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, nun contexto marcado pola pandemia do Covid. Así, haberá actos públicos, presenciais, pero tamén virtuais. O programa arranca este venres, día 5, coa apertura da Exposición “Poñamos os coidados no centro”.
01.03.2021. A mostra xa estivo na rúa no mes de outubro, pero posto que este ano o Día Internacional se centrará en poñer en valor os coidados, a concellería decidiu volver a instalala entre a praza de Galicia (os paneis) e a rúa de Rey Daviña (lonas sobre os farois). A exposición permanecerá aberta ata o día 31.

O programa continuará o SÁBADO 6 DE MARZO co desenvolvemento da décimo terceira edición do Maratón Fotográfico, que este ano conta coa novidade de que tampouco será presencial, senón virtual, de xeito que todos aqueles que queiran participar dende calquera punto de Galicia poderán facelo seguindo as instrucións que se lle formularán no momento mesmo do arranque da maratón. A exposición dos traballos será do 1 ao 15 de abril no auditorio municipal.

O LUNS 8 DE MARZO, diante da casa consistorial, e a partir das 12:00 horas, se procederá á tradicional lectura do Manifesto elaborado polo Consello Local da Muller, xa aprobado previamente polo pleno da Corporación e co apoio de todos os grupos políticos.

O programa do Día Internacional continuará o MARTES 9, coa exposición virtual nas redes sociais do Concello do traballo realizado nos centros educativos dentro do grupo de traballo “Educación, xénero e igualdade”.
O MÉRCORES 10 DE MARZO será outro momento para a celebración a través da cultura. Ás 19:15 horas, no Salón García, proxectarase a película “La isla de las mentiras”, dirixida por Paula Cons. Na súa presentación participará Victoria Teijeiro, coprotagonista da cinta. As entradas poden reservarse na web do cine club Ádega: http://www.cineclubeadega.com . O control de entradas (escaneado) será a partir das 19,00h.

A película narra o naufraxio do buque Santa Isabel, fronte á illa de Sálvora, o 2 de xaneiro de 1921. A buque saíra da Coruña cara Vilagarcía para logo dirixirse a Bos Aires e con 260 persoas a bordo. Á altura de Sálvora, o Santa Isabel afundiuse. Ante a falla de homes na illa, tres mulleres (María, Josefa e Cipriana) “deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico que pagarán moi caro. Tras estes feitos, un xornalista arxentino acude a Sálvora para cubrir a noticia, pero pouco a pouco descubre que esa noite sucederon demasiadas terribles “casualidades” na illa. Son moitas incógnitas as que hai que resolver”.

Os SÁBADOS 6 e 13 DE MARZO se desenvolverán os dous eventos programados por Igualdade. Trátase de dúas sesións de música en streaming a través da plataforma http://www.twitch.com/concellovilagarcia , nos dous casos a partir das 22:00 horas. “Música 100% en feminino” será conducida por K Dj o sábado 6 e por Señora Dj o sábado 13.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -