_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno leva a Pleno a ordenanza que permitirá aos veciños deseñar os seus plans personalizados de pago de impostos

Este mesmo ano, os veciños de Vilagarcía que o desexen, poderán deseñar un plan personalizado de pagos para responder ás súas obrigas tributarias co Concello do xeito que mellor se acomode a súa economía. Para posibilitar esta medida, o goberno local leva ao próximo Pleno o marco normativo que concreta o procedemento a poñer en marcha. A ordenanza IV.4 Xeral Fiscal determina, entre outros aspectos, os prazos nos que se poderán fraccionar a cantidade anual a pagar ao Concello en concepto de impostos, fixa en 100 euros o montante mínimo das obrigas fiscais para poder facer un plan personalizado de pagos e establece en 15 euros a cota mínima de pago mensual.
21.01.2021.- Coa aprobación e posta en marcha desta ordenanza, o executivo que preside Alberto Varela da cumprimento a un dos compromisos incluídos no programa electoral socialista.

O alcalde e a concelleira de Facenda, Luz Abalo, presentaron a Ordenanza cuxo contido responde estritamente aos criterios técnicos do departamento da Tesourería Municipal. Os impostos que son susceptibles de entrar no plan de pagos personalizado son todos aqueles incluídos no padrón municipal: IBI, saneamento, lixo, circulación, vados e IAE. Como se dixo, o primeiro requisito para poder acollerse ao plan personalizado de pagos e que o interesado teña unhas obrigas tributarias anuais mínimas de 100 euros. Con cantidades inferiores non podería beneficiarse deste sistema.

De cumprir este requisito, o contribuínte terá a opción de elixir en pagar a suma total deses impostos de forma anual (nun só pago), trimestral (fraccionado en 4 prazos), bimestral (en 6 prazos) ou en 11 mensualidades. O último mes destinaríase a posibles regularizacións por parte dos servizos de Tesourería e Recadación, que terán que revisar si por darse de alta algún servizo máis, ou de baixa, o contribuínte pagou de menos ou de máis ao previsto ao inicio do ano cando se establece o pan de pagos. Neses casos, no último mes do ano pasaríase o recibo de regularización, cun pago coa diferenza a maiores, ou cunha devolución no caso contrario.

Sen recargo

A utilización do plan de pagos non conlevará ningún tipo de recargo dado que o que o goberno socialista pretende con esta medida é axudar aos veciños a que asuman as súas obrigas fiscais co Concello dándolles as maiores facilidades posibles.


Prazos excepcionais para o ano da entrada en vigor

Dado que a Ordenanza aínda se aproba inicialmente a finais de xaneiro e que entrará en vigor xa co ano algo avanzado, despois de cumprir os prazos de exposición pública e resolución de alegacións si as hai, este primeiro ano de aplicación terá uns prazos diferentes e que tamén están previstos na propia norma. De forma excepcional, en 2021 o fraccionamento máximo que se poderá realizar será de 6 mensualidades e o período para que os interesados soliciten acollerse ao plan personalizado amplíase ata o 30 de abril. Posteriormente, o fraccionamento dos impostos para un exercicio deberá solicitarse antes do 1 de decembro do ano anterior.

O contribuínte poderá cancelar o seu plan de pago cando o desexe. E os que o teñan aprobado non o terán que renovar cada ano, senón que se lles prorrogará de forma automática.
En caso de impago dun dos prazos establecidos no plan, o Concello sumará a débeda ao recibo do seguinte prazo. De producirse un segundo impago, o Concello cancelará o plan de pagos dese contribuínte pasando a requirir o abono das obrigas fiscais a través das vías legais habituais.

Varela comentou que a solicitude para acollerse ao sistema de plan personalizado de pagos deberá realizarse preferentemente por vía telemática a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal). Maila isto, conscientes da dificultade de algunhas persoas para acceder ou manexarse coas novas tecnoloxías,especialmente colectivos como o dos maiores, de forma excepcional tamén se poderá solicitar presencialmente no Concello.

Novo programa de xestión tributaria
O alcalde lembrou que a posta en marcha do plan personalizado de pagos é posible grazas ao investimento realizado polo Concello que, a través da liña de novas tecnoloxías do programa EDUDI, financiou a adquisición da aplicación informática e dos programas necesarios para podela poñer en práctica. O novo sistema informático de xestión tributaria ten aplicación interna e externa. A primeira, a que corresponde á xestión e aos trámites internos que fan o Concello a través dos seus departamentos de Tesourería, Recadación e Intervención, xa está funcionando dende mediados do pasado mes de marzo, aportando maior operatividade e eficiencia á administración local. A segunda, a que afecta directamente ao contribuínte é a que se pon en marcha agora e permitirá que cada veciño programe o pago dos seus impostos atendendo as súas necesidades.

Gran salto cualitativo
Alberto Varela fixo fincapé neses beneficios bidireccionais deste novo sistema que, “si ben, ao principio requirirá un período de adaptación, tanto para o persoal municipal como para os cidadáns nas súas relacións coa administración, o certo é que suporá un enorme salto cualitativo que sitúa ao Concello de Vilagarcía en pleno século XXI e ao nivel de grandes cidades nas que xa contan con medios similares.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -